Siouxsie & the Banshees: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: en:Siouxsie & the Banshees; cambios estética
Liña 8:
| xénero = [[Punk rock]], [[Post-punk]], [[Gothic Rock]], [[New Wave]], [[Rock Alternativo]]
| selo = [[Polydor]], [[Geffen]], [[Sanctuary]]
| membros = [[Siouxsie Sioux]]
[[Steven Severin]]
[[Budgie]]
| antigos_membros = [[Sid Vicious]]
[[Marco Pirroni]]
[[Kenny Morris]]
[[Peter Fenton]]
[[John McKay]]
[[John McGeoch]]
[[Robert Smith]]
[[John Valentine Curruthers]]
[[Martin McCarrick]]
[[Jon Klein]]
[[Knox Chandler]]
| web = [http://www.siouxsie.com www.siouxsie.com]

Liña 16:
Trala separación da banda [[Siouxsie Sioux]], cantante do grupo, seguiu traballando con [[the Creatures]], e desde setembro de 2007 canta como solista.

== Biografía ==
A formación inicial estaba composta por [[Siouxsie Sioux]] (Susan Dallion, nacida en Londres o [[27 de maio]] de [[1957]], líder e cantante solista), [[Steven Severin]] ó baixo, [[Marco Pirroni]] á guitarra e [[Sid Vicious]] na batería. Debutaron en setembro de 1976 nun dos primeiros festivais punk do Club 100 de Londres. Nese concerto, ademais de improvisar un tema, fixeron versións de ''Deutschland, Deutschland über alles'', ''Knockin' on Heaven's Door'', ''Smoke on the Water'' e ''Twist and Shout''.
O grupo comezou como unha aventura e acabou levando unha fluída carreira comercial moi representativa do que o punk apuntou e o que o [[post-punk]] puxo en circulación. O nome de '''Banshees''' porcede do que recibían as míticas fadas mensaxeiras da morte na tradición celta.

A comezos de 1977 Vicious (John Simon Ritchie) uníuse ós [[Sex Pistols]] e Pirroni a [[Adam & the Ants]]. En 1978 un disco pirata seu xa circulaba de man en man, o que demostra o seu auxe e o interese que espertaban. Ese mesmo ano e coa incorporación de [[John McKay]] á guitarra e [[Kenny Morris]] á batería, gravan o primeiro sinxelo, o tema ''Hong Kong Garden'' que acadaría o numero 7 nas listas inglesas e ó que seguiría o seu álbum de debut: '''The Scream''' producido por [[Steve Lillywhite]] (coñecido produtor dos primeiros traballos de [[U2]]) no selo [[Polydor]]. O son do grupo refumaba unha agresividade punk densa e escura que se acrecentaría no seu segundo traballo, '''Join Hands'''. Este LP publicouse en 1979, e inclúe unha versión do clásico ''The Lord's Prayer'', e os sinxelos ''The Staircase'' e ''Playground Twist'' como temas estelares.
Liña 23:
A banda consolídase no mercado británico, e co comezo da xira de promoción do disco [[John McKay]] (guitarrista) e [[Kenny Morris]] (batería) abandonan a formación, deixando ó dúo Siouxsie e Steve Severin na estacada. A xira completaríase coa axuda de [[Robert Smith]], de [[The Cure]] (que tocaba naquela época de teloneiro da banda) e Budgie (ex [[The Slits]]). Finalmente Budgie quedaría como membro fixo da formación, mentras que a guitarra se cubriría coa entrada de [[John McGeoch]] (ex [[Magazine]]) no grupo. O seu característico estilo de guitarra con delays e flangers e a súa arte cos arpexios definirían o son Banshee nos anos posteriores.

En 1980 editan o terceiro traballo: '''Kaleidoscope''', no que tamén colabora o antigo membro de Sex Pistols [[Steve Jones]].
O disco é bastante máis sombrío que os seus predecesores, influído polo uso de sintetizadores, e cun son máis limpo e denso, deixando de lado as antigas maneiras punk da formación para acercarse ó nacente son siniestro de bandas da época como '''[[Joy Division]]''' ou '''[[Bauhaus]]'''.
O disco chega ó Top 5 británico, e o sinxelo ''Happy House'' transfórmase nun dos grandes éxitos da banda por esas datas. Desta forma '''Siouxsie & The Banshees''' comezan a súa primeira xira polos Estados Unidos.

O cuarto traballo da banda edítase en 1981 baixo o titulo de '''Ju ju''', trala publicación do exitoso sinxelo ''Israel''. '''Ju ju''' está considerado por moitos como o mellor traballo da banda. Encóntrase impregnado de ambientes psicodelicos e góticos, e situaría ó grupo como abanderados á cabeza do movemento Gótico/Sinistro da época. A súa influencia chegará ata España, onde [[Olvido Gara|Alaska]] calcaría a súa estética e son con [[Alaska y los Pegamoides]].

Tamén en 1981 abriuse e pechouse unha etapa da historia do grupo coa aparición do disco '''Once Upon a Time/The Singles''', que recompilaba tódolos seus sinxelos. Sumidos nunha nube de popularidade dan unha volta máis de torca ó seu son co seu seguinte traballo, '''A Kiss in the Dreamhouse''', publicado en 1982. Resulta máis experimental e psicodélico cós seus predecesores, e nel pódese apreciar unha maior orientación comercial en temas como ''Slowdive''. Malia conter algunhas grandes cancións, o disco pecaba de ser un traballo menor.
Durante a promoción do álbum e en plena xira [[John McGeoch]] sufriu un colapso no escenario debido ó consumo excesivo de drogas, e debeu ser internado nun hospital psiquiatrico en Madrid. [[Robert Smith]] de [[The Cure]] volvería a axudar ós Banshees a concluír a xira, acando por incorporarse como membro estable á banda.

A comezos de 1983 gravan e editan un sinxelo cunha versión do tema ''Dear Prudence'' dos [[The Beatles|Beatles]], que se transforma no seu maior éxito ata a data. É xusto nese momento cando Siouxsie e Budgie (que acabarían formando matrimonio) aproveitarían para crear un proxecto paralelo, un grupo alternativo, [[The Creatures]], co que gravarían o disco '''Feast''' en 1983. (Este proxecto continuaría no futuro con traballos como '''Boomerang''' en 1990, '''Anima Animus''' en 1999 e '''Hai''' no 2003).
Pola súa parte Steve Severin e Robert Smith formarían [[The Glove]], un proxecto psicodélico no que explotaron a súa parte máis aloucada e desenfadada tras un prolongado consumo de drogas alucinóxenas.

A mediados de 1983 a banda reunifícase para facer una xira e gravar o seu primeiro álbum en directo, '''Nocturne''' (1983) que se edita baixo o seu propio selo discográfico ''Wonderland'', e que está gravado durante unha exitosa actuación no Royal Albert Hall de Londres.
Coa publicación do álbum '''Hyaena''' (1984) e un forte abrandamento do son do grupo, xa totalmente sumidos no pop, reciben as súas peores criticas, comezando así unha pequena etapa de decadencia que se salda coa saída do grupo de Robert Smith, que se centraría definitivamente en The Cure.

En 1985 Siouxsie And The Banshees rexorden das súas cinzas co traballo '''Tinderbox''' e coa incorporación ó grupo de [[John Carruthers]] á guitarra. O disco, fresco e repleto de boas cancións, incluía algún dos mellores sinxelos da súa carreira: ''Cities in Dust'' e ''Candyman''. Ademais foi o primeiro álbum do grupo que lograba unha boa posición nas listas de ventas estadounidenses.

Tras '''Through the Looking Glass''' (1987), un disco de versións a modo de homenaxe ós seus artistas favoritos no que interpretan temas de ''The Doors'', ''Iggy Pop'' ou ''Bob Dylan'', gravan un dos mellores e máis exitosos discos da súa carreira: '''PeepShow''' (1988). O guitarrista Carruthers é substituído por [[John Klein]], e [[Martin McCarrick]] incorpórase como teclista.
Este álbum marca un cambio radical no son da banda, xa totalmente redefinidos como pop e cada vez máis cercanos ás pistas de baile. O sinxelo ''Peek A Boo'' sería un éxito nas listas estadounidenses e remataría por consagralos neste mercado.

1990 ábrese co disco '''Superstition''', o máis vendido da banda e o máis comercial, unido a un forte cambio de imaxe no grupo, asumindo unha estética máis asequible e sexy. ''Kiss Them For Me'' sería outro sinxelo de éxito nas listas de todo o mundo.
Liña 74:
O primeiro álbum en soitarilo de [[Siouxsie]], '''Mantaray''' saíu en setembro de 2007 baixo o selo [[Universal]].

== Discografía ==
=== Siouxsie & The Banshees(albums) ===
* 1978 - '''The Scream'''.
* 1979 - '''Join Hands'''.
Liña 93:
* 2003 - '''Seven Year Itch'''. En directo.
* 2004 - '''Downside Up'''. Recompilatorio de caras B.
=== Siouxsie (album) ===
* 2007 - '''Mantaray'''.

== Influencia noutros artistas ==
En España sempre foi un grupo cun amplio séquito de fans e admiradores, malia que nunca deixaron de considerarse un grupo de culto. Artistas como Alaska mostraron sempre a súa gran admiración por esta banda, e mesmo hai bastantes paralelismos entre as carreiras de ambas cantantes, tanto a nivel de look como musical.
Grupos da [[movida madrileña]] como [[Parálisis Permanente]], [[Seres Vacíos]] ou os propios Pegamoides foron herdeiros do seu son, especialmente da étapa máis gótica da banda. Outros grupos máis actuais, coñecidos en maior ou menor medida, como podan ser [[Garbage]], [[Fangoria]], [[Niños del Brasil]], [[Ídolos de Polvo]] ou [[Amaral]] mostraron a gran pegada que deixaron os temas desta banda na súa música.

== Curiosidades ==
Siouxsie é chamada "A Raíña do Punk", alcume posto polos seus fans.

== Ligazóns externas ==
* [http://www.siouxsie.com www.siouxsie.com] (en inglés)

* [http://www.siouxsiemantaray.com/ www.siouxsiemantaray.com] páxina oficial do novo disco de Siouxsie Sioux (en inglés)

* [http://www.thebansheesandothercreatures.co.uk/ The Banshees & Other Creatures] Completa páxina con moita información sobre a banda. Único sitio recomendado pola páxina oficial. (en inglés)

[[Categoría:Grupos musicais de Inglaterra|Siouxsie]]
Liña 116:
[[da:Siouxsie & the Banshees]]
[[de:Siouxsie and the Banshees]]
[[en:Siouxsie and& the Banshees]]
[[eo:Siouxsie and the Banshees]]
[[es:Siouxsie & the Banshees]]