María Luz Morales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
aumentado desde es:María Luz Morales
Liña 1:
{{personalidades en progreso}}
[[Ficheiro:María Luz Morales.JPG|thumb|200px|María Luz Morales cara a 1920.]]
 
'''María Luz Morales Godoy''', nada na [[Coruña]] en [[1898]] e finada en [[Barcelona]] en [[1980]], foi una [[xornalista]] e [[escritor]]a galega do [[século XX]].
 
==Traxectoria==
É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de [[España]] en dirixir un xornal nacional<ref>Cultura Galega «[http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=144 Unha das primeiras mulleres que dirixen un medio de comunicación]».</ref>.
 
Despois da [[Guerra Civil Española]] foi desactivada por dúas ocupacións polo réxime de [[Francisco Franco|Franco]], e despois do regreso da [[democracia]] continuou a súa actividade, traballando co ''[[Diario de Barcelona]]'', ata a súa morte en 91 anos de idade.
 
==ReferenciasBiografía==
Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en [[Barcelona]], onde se trasladou coa súa familia sendo aínda unha nena. Tras diplomarse en [[Filosofía y Letras]], en [[1924]] incorporouse a ''[[La Vanguardia]]'', na sección de [[cinematografía]]. Nesa época, na que asinaba os seus artigos co [[pseudónimo]] de Felipe Centeno (baseado nun personaxe de [[Benito Pérez Galdós]]), a produtora [[Paramount Pictures]] interesouse no seu traballo, e tras unha entrevista con ela (da que descoñecían que fose unha muller) foi contratada pola productora [[EAU|estadounidense]] como responsable da asesoría literaria das súas películas, e, coa chegada do [[cine sonoro]], das tarefas de tradución e adaptación dos diálogos[http://www.elpais.com/articulo/cultura/ESPAnA/SEGUNDA_REPuBLICA_ESPAnOLA/Maria/Luz/Morales/escritora/esperanza/utopia/elpepicul/19800926elpepicul_11/Tes/ "María Luz Morales, escritora, entre la esperanza y la utopía"] artigo en ''[[El País]]'', 26 de setembro de 1980 {{es}}.</ref>. Compaxinou tamén estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal ''[[El Sol]]'', mentres, paralelamente, levaba a cabo unha intensa actividade literaria, cultivando a [[literatura infantil]] con adaptacións de obras mestras da literatura, publicadas baixo a editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de obras de autores coma [[Homero]], [[Esquilo]], [[Sófocles]], [[Dante]], [[Shakespeare]], [[Goethe]], [[Miguel de Cervantes|Cervantes]] ou [[Tirso de Molina]], seguen a editarse na actualidade en España e [[Hispanoamérica]].
 
A partir de [[1933]] cambiou a súa predilección cinematográfica polo [[teatro]], a súa gran paixón, o que a levou a escribir, en colaboración con [[Elisabeth Mulder]], a obra ''[[Romance de media noche]]''.
 
A principios de xullo de [[1936]] participou nas celebracións pola aprobación do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Tralo [[Alzamento Nacional]] e a [[Revolución Española]], ''La Vanguardia'' foi tomada por un comité obreiro, pasando a ser nomeada directora do diario, cargo que ocupou durante toda a [[Guerra civil española|guerra civil]], substituíndo a ''[[Gaziel]]''. Durante o conflito bélico colaborou no guión da película documental ''[[L'Espoir]]'' (ou ''Sierra de Teruel''), dirixida por [[André Malraux]] con fins propagandísticas en [[1939]].
 
Trala guerra, todos os redactores de ''La Vanguardia'' foron cesados e pendentes de xuízo. Retiróuselles o [[pasaporte]] e foron deshabilitados como periodistas. En [[1940]], acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenenza ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], María Luz Morales foi encarcerada nun [[convento]] barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou escribindo, baixo os pseudónimos de ''Ariel'' e ''Jorge Marineda''.
 
En [[1948]] entrou a colaborar, como crítica teatral, no ''[[Diario de Barcelona]]'', e aos poucos foi recuperando a actividade literaria, ademais de traballar en [[Editorial Salvat]] e colaborar na revista ''[[Lecturas]]''. Como recoñecemento ao seu traballo, en [[1956]] o goberno francés concedeulle a [[Orde das Palmas Académicas]], e en marzo de [[1963]] foille entregado o [[Premio Nacional de Teatro]] [[1962]].<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1963/03/03/111.html Hemeroteca] do ''ABC'', 3 de marzo de 1963 {{es}}.</ref> En [[1958]] a súa novela ''[[El amor empieza en sábado]]'' foi levada ao cine dirixida por [[Victorio Aguado Candela]].
 
Trala morte de [[Francisco Franco|Franco]], moitos depurados fóronse reincorporando á vida pública, e o [[24 de xaneiro]] de [[1978]], xunto cun numeroso grupo de compañeiros, María Luz Morales foi rehabilitada como periodista. Trala súa reincorporación, continuou a súa actividade, xa como redactora, no ''Diario de Barcelona'', onde continuou escribindo até a súa morte, en [[1980]].
 
==Obra literaria==
*''Parientes y trastos viejos'' (inédita)
*''Trovas de otros tiempos'', 1928
*''Libros, mujeres y niños'', 1928
*''Las románticas'', 1930
*''Edison'', 1934
*''Romance de media noche'' (con [[Elisabeth Mulder]]), 1935
*''Julio César'', 1936
*''Madame Curie'', 1936
*''Alejandro Magno'', 1936
*''Alguien a quien conocí'', 1937
*''Tres historias de amor en la Revolución francesa'', 1942
*''María Antonieta'', 1943
*''El mundo de las hormigas'', 1948
*''El Cine: historia ilustrada del séptimo arte'', 1950
*''Hazañas del Cid'', 1951 .
*''Enciclopedia del hogar'', 1952
*Rosalinda en la ventana'', 1954
*''Balcón al Atlántico: (otra novela sin héroe)'', 1955
*''Balcón al Mediterráneo'', 1955
*''Historias del décimo círculo'', 1962
*''Libro de oro de la poesía en lengua castellana'', 1970
 
==Notas==
{{referencias}}