Faraón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
Os escribas exipcios adoitaban usar o termo ''nesu'' (rei), ''neb'' (señor) ou ''hemef'' (maxestade). Foi un termo utilizado polo pobo, nunca polos propios reis ou monarcas, e só comezaría a usarse a partir do reinado de [[Amenhotep III]], na primeira metade do século XIV adC. Xa que logo, podería dicirse que a palabra "faraón" é relativamente ''moderna'', e que só abarcaría á metade dos monarcas que habitaron no Val do Nilo.
 
Os faraóns eran considerados seres divinos durante as primeiras dinastías, identificados co deus [[Horus]], e a partir da [[dinastía V]] considerados tan só fillos do deus [[Ra (deus)|Ra]], os homes fillos de Re -de onde provén o termo [[Rei]]-, e si eran mulleres fillas de Ra -de onde probenprovén o termo [[monarca|Raíña]]-. Con todo, posteriormente non foron deificados en vida e adorados como un deus máis nos templos, senón que era á súa morte, cando o defunto pasaba a fusionarse coa deidade [[Osiris]] e adquirir unha personalidade totalmente inmortal e divina.
 
== Historia do cargo ==