Barbastro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lt:Barbastras; cambios estética
Liña 7:
 
== Historia==
A cidade identifícase con a antiga ''Bergidum'' ou ''Bergiduna'', que ficou inclusa na provincia da [[Hispania Citerior]], e logo na ''[[Tarraconense]]'' . Foi unha importante praza forte árabe do [[Al Andalus]] norte, varias veces tomada e perdida polos cristiáns. En [[1101]], [[Pedro I de Aragón]] tomouna definitivamente. Como cidade episcopal acolleu varios sínodos diocesanos e provinciais. Nalgunha ocasión reuníronse nela as Cortes de Aragón ([[1134]], [[1626]]). No 1137 casaron aquí a princesa Petronila e o conde de Barcelona, [[Ramón Berenguer IV]], acto polo que ficaron unidos [[Cataluña]] e [[Aragón]], para formar o [[Reino de Aragón]].
 
Durante a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], Barbastro ficou inicialmente dentro do bando republicano, producíndose asasinatos de persoas consideradas do bando oposto. Acabada a guerra, efectuouse unha dura represión de persoas de diversas tendencias republicanas por parte do franquismo.
Liña 14:
[[Ficheiro:Barbastro Kath Turm1.jpg|thumb|170px|Torre da catedral]]
Por mor do seu pasado histórico, Barbastro goza dun saliente patrimonio arquitectónico, do qu cómpre destacar:
* '''Catedral''', edificio tardo gótico ergueito entre [[1500]] e [[1533]].
* '''Pazo Episcopal''', dos séculos XVI-XVII.
* '''Palacio de Argensola''', dos séculos XVI-XVII.
* '''Casa Zapatillas''', do século XVIII.
* '''Igrexa da Santa Fe''', do século XVI secolo.
* '''Igrexa de San Francisco''', do século XVI.
* '''Igrexa do antigo Hospital de San Xulián''', do século XVI.
* '''Igrexa dos Misioneiros''', do século XX.
* '''Santuario da Virxe de Pueyo''', do século XIII, sito nun outiro nas aforas da cidade.
* '''El Almerge''', restos dunha igrexa románica da cal se conserva a [[ábsida]] e parte dun muro.
 
==Arredores==
* A 23 km está [[Alquézar]], aldea pintoresca, sobre un penedón na beira o río Vero, coroada por un castelo árabe, oríxe do seu nome.
* A 28 km sitúase [[El Grado]], lugar cunha notábel colexiata gótica do século XV, e cunha presa artificial de vastas proporcións.
 
==Festas==
* ''Festa da Natividade da Virxe'', do 4 ao 8 de setembro con corridas, pasacalles e concertos.
* ''Festa de San Ramon'', o 31 de xuño, co o ''Torno de fuego'', no que se acenden fogueiras en todos os barrios.
* ''Festa del Crespillo'', 25 marzo, fanse doces en todas as casas, que en parte se regalan aos presentes.
* ''Festival do viño do Somontano'', na primeira semana de agosto, do xoves ao domingo.
* ''Romaría'', no Santuario de Nosa Señora do Pueyo, o luns de Pascua, con festa no campo.
Liña 56:
[[ja:バルバストロ]]
[[lad:Balbastro]]
[[lt:Barbastras]]
[[nl:Barbastro]]
[[oc:Barbastre]]