Club de Remo Vila de Cangas: Diferenzas entre revisións

club de remo galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''Club de Remo Vila de Cangas''' é un club de remo galego da localidade de Cangas do Morrazo (Pontevedra). O club foi fundado en [[..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2010 ás 17:22

O Club de Remo Vila de Cangas é un club de remo galego da localidade de Cangas do Morrazo (Pontevedra). O club foi fundado en 1986 e actualmente compite na Liga Noroeste de Traíñas.

Historia

O Club de Remo Vila de Cangas fio fundado no ano 1986 co afán de recobrar un deporte moi popular e tradicional das vilas costeiras galegas. Además tamén se constituía como un xeito de proporcionar unha alternativa deportiva aos rapaces e rapazas para alonxalos dos problemas cotiáns. Dende tal día o Club de Remo Vila de Cangas sempre tivo fama de posuír unha das maiores canteiras, principalmente en categorías fémininas. Foron varios os Campionatos de España gañados polo club, tanto en banco móbil coma no banco fixo.