Conferencia de Ialta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
==Legado==
Yalta foi a derradeira gran conferencia anterior á fin da guerra e a última viaxe que fixo Roosevelt ó estranxeiro. Para os observadores apareceu enseguidadeseguida enfermo e canso. Razoadamente, o seu tanto máis importante foi asegurarse a participación da Unión Soviética nas [[Nacións Unidas]], que conseguiu co prezo de garantir o poder de veto a cada membro permanente do seu Consello de Seguridade. Outro dos seus obxectivos era levar á Unión Soviética á loita contra o Xapón, xa que a efectividade da [[bomba atómica]] estaba aínda sen probar. Como recompensa, permitíuselle á Unión Soviética ocupar [[Saxalín]] e as [[Illas Kurís]], que estiveran sempre baixo soberanía xaponesa, e outros privilexion na China colonial permaneceron intactos.
 
O Exército Vermello expulsara á maioría das forzas nazis do leste da Europa, polo que Stalin acadou os seus obxectivos: unha significativa esfera de influencia como zona intermediaria. Neste proceso, a liberdade de pequenos estados foi sacrificada por motivos de estabilidade, o que significou que os [[países bálticos]] de [[Letonia]], [[Lituania]] e [[Estonia]] continuarían sendo membros da URSS.
 
As alegacións acercaverbo de Ialta xogarían un papel moi importante na política de Estados Unidos na Guerra Fría. Os conservadores americanos mantiñan que as decisións tomadas en Ialta foron unha traizón ás nacións do leste europeo xa que propiciaron a súa dominación polo comunismo. Durante a época do [[mccartismo]], Ialta foi a peza central de acusacións contra os [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|demócratas]] de que eran "brandos co comunismo".
 
A opinión alternativa mantén que pouco podían facer Roosevelt e Chuchill para evitaren o dominio de Stalin sobre as nacións do leste sen chegaren á guerra coa Unión Soviética, xa que o [[Exército Vermello]] controlaba completamente eses territorios do leste. Coa guerra no Pacífico continuando, e a bomba atómica sen rematar (restaban dous meses), Roosevelt probablemente quixo mellorar a súa posición negociadora unha vez que a bomba fose introducida. Stalin amosouse de acordo en Ialta co principio dunha Europa liberada, que establecía que os pobos liberados terían dereito ó autogoberno democrático. Stalin tamén estivo de acordo en que Polonia fose democrática, cunhas eleccións libres tan pronto coma fose posible. A opinión alternativa mantén que o problema non foron os acordos de Ialta, senón a violación de Stalin dos mesmos.
 
Os historiadores din que Stalin xa amosara a súa inmoralidade, como demostrara na purga do exército ruso nos anos trinta e, máis recentemente, a súa falta de vontade a axudar á insurrección en Varsovia no 1944, e que polo tanto non se podería ter confiado nel. Porén, en outubro de 1944, Stalin e Churchill acordaran no Acordo das Porcentaxes como dividir as súas respectivas esferas de influencia. Stalin mantería a maioría deste acordo, incluíndo a denegación de apoio ás guerrillas comunistas na Grecia, que Stalin acordara como parte da esfera de influencia británica. Tamén influíu o feito de que, ó remate do día, Stalin podería ter optado por non permitirapermitir a entrada dos aliados en Berlín. Era parte do territorio soviético, e podería ter dito que non de querelo. Por tanto, naquel intre, non había nada que permitise imaxinar que a situación acabaría como acabou.
 
==Véxase tamén==
* [[Telón de aceiro]].