53 días de invierno: Diferenzas entre revisións

filme de 2006 dirixido por Judith Colell
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2010 ás 00:17

Modelo:FichaFilme 53 días de invierno é un filme español dirixido pola catalá Judith Colell. Estreouse no Festival de Cine de San Sebastián no 2006.

Sinopse

Tres persoas áchanse nunha noite de inverno na parada dun autobús. Os tres asisten ao abandono dun can. Mila (Mercedes Sampietro), unha profesora de instituto que estivo un ano de baixa tras sufrir unha agresión por parte dun dos seus alumnos; Celso (Àlex Brendemühl), garda xurado, casado, pai dun fillo e con graves problemas económicos, e que está a piques de saber que vai ter dous xemelgos; e Valeria (Aina Clotet), estudante de violoncello, cunha turbia relación familiar e amorosa.

Os tres iniciarán unha viaxe á deriva que os levará a enfrontarse aos seus medos e frustracións e a tomar cada un deles unha decisión ao límite que cambiará as súas vidas.