Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Eucalipto: grazas Carlos
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 179:
* Grazas polos datos que me dás. No caso das cifras comparadas de especies entendo o que dis: parece lóxico que o farán sobre superficies iguais pero ben podían indicalo. Eu lembro facer algo así hai moitos anos no istmo da Lanzada e as "parcelas" eran cadradiños de 1 m2 que iamos movendo dun sitio a outro, ó chou. E sei que algo parecido fixeron no istmo, buscando bichiños, pero xa non sei a metodoloxía. Teño un folletiño editado por Celulosas (asinado por Bará) que rebate tódalas críticas ós eucaliptos. Fala tamén disto, naturalmente, pero tampouco especifica superficie.
* O das aves venme moi ben, e incorporareino ó artigo; como ademais coñezo ó responsable da SGO no Grove podo pedirlle datos máis actuais. E canto ó da extensión dos eucaliptos en Galicia ¿non resulta extraño ese secretismo? Semella que non queren cuantificar para que non nos asustemos. Bueno, que moitas grazas. Bótalle un vistazo ó artigo por se metin algún cazapo. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 22:19, 7 xaneiro 2010 (UTC)
 
== Corrección no artigo Gasterópodo. ==
 
* Polo que parece estaste encargando ti da edición do artigo sobre os [http://gl.wikipedia.org/wiki/Gaster%C3%B3podo gasterópodos]. Como atopamos unha incorrección na súa etimoloxía, que quedou explicada na súa páxina de discusión, pódeste encargar ti de corrixila, xa que estás metido en fariña? Como o artigo está en edición, dame medo poñerme eu a facelo. Para servir. --[[Usuario:Xoacas|Xoacas]]<sup>([[Conversa Usuario:Xoacas|Qué me queres, amor?]]) </sup> 20:13, 18 xaneiro 2010 (UTC)