A fragua de Vulcano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
===Análise===
O asunto elixido para este lenzo é unha escena sacada da [[mitoloxía romana]], en concreto de ‘’[[A metamorfose]]’’, de [[Ovidio]]. Velázquez interprétaa nunha versión estrictamenteestritamente humana, con personaxes contemporáneos. Apolo está envolto nun manto que deixa ao descuberto o seu torso espido. Vulcano aparece coma un simple [[ferreiro]], o mesmo que os [[cíclope]]s que lle axudan, homes rurais que coñecen o oficio. Vulcano olla para Apolo cunha mirada atónita tras escoitar a mala nova do adulterio da súa dona co deus Marte, a quen lle estaba a forxar nese intre unha [[armadura]]. A caverna onde o deus ferreiro forxa as armas dos outros deuses é unha ferrería calquera, coma as que Velázquez puido atopar en España ou en Roma. Coa súa maestría característica, pinta asemade unha serie de variados aparellos propios dunha [[forxa]].
 
O interese de Velázquez polos nús apréciase dende que chega a Madrid no [[1623]], pero este interese aumenta nas súas obras despois da súa primeira viaxe a Italia entre os anos 1629 a 1631. Desta viaxe recolle tamén a influenza da [[pintura veneciana]], que se pode apreciar no emprego da cor para pintar, tal e como se amosa na chamativa túnica laranxa do deus Apolo. Do seu paso por Roma recibe a influencia de [[Miguel Anxo]] á hora de pintar figuras fortes e corpulentas. A musculatura de Vulcano e dos outros personaxes que o arrodean é notable, son figuras atléticas que amosan sen pudor a súa fortaleza, mesmo están nunha posición forzada para facer notar máis os músculos.