Mircea I de Valaquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m licenza : artigo traducido de es:Mircea I de Valaquia - troco categoría vermella por dúas categorías xerais
lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:MirceacelBatran.jpg|thumb|150px|Mircea cel Bătrân.]]
 
'''Mircea cel Bătrân''', quen reinou entre [[1386]] e [[1418]], foi un dos máis importantes donos de [[Valaquia]]. O seu nome significa "Mircea o Vello", nome atribuído despois da súa morte, para distinguilo do seu neto [[Mircea II de Valaquia|Mircea II]] ("o Mozo"). Dende o [[século XIX]], a historiografía romanesa chámao "'''Mircea cel Mare'''" ("Mircea o Grande").<ref>Hasdeu, p. 130; Xenopol, p, 89; Iorga, p. III</ref>
 
Mircea foi o fillo do [[voivoda]] Radu I e de Dona Calinica, descendente da [[Casa de Basarab]].
 
As fronteiras de [[Valaquia]] mudaron a través da historia, sendo durante o reinado de Mircea, cando Valaquia comprendeu a súa meirande área en tempos medievais: dende o [[río Olt]] no norte até o [[río Danubio]] no sur, e dende as "[[Portas de Ferro (Danubio)|Portas de Ferro]]" no oeste até o [[Marmar Negro]] no leste.
 
Mircea fortaleceu o poder do estado e organizou varios oficios, promoveu o desenvolvemento económico, aumentou os ingresos do estado, e acuñou moedas de prata que circularon tamén nos países veciños. Ofreceu aos comerciantes de [[Polonia]] e [[Lituania]] privilexios e renovou os privilexios que os seus antecesores deran aos habitantes de [[Braşov]]. Mircea permitiuse deste xeito aumentar o seu poder militar. Fortificou as fortalezas do [[Danubio]] e "o exército grande", composto de cidadáns e de campesiños libres ou dependentes. Apoiou tamén á Igrexa.
 
Mentres organizaba o seu país, coidouse de formar un sistema de alianzas que lle permitise defender a independencia do país. A través do intermediario [[Pedro I de Moldavia|Petru Muşat]], príncipe de [[Rexión de Moldavia, (Romanía)|Moldavia]], concluíu en [[1389]] un tratado de alianza con [[Ladislao II de Polonia]], o rei de Polonia. O tratado foi renovado en [[1404]] e [[1410]]. Mantivo relacións estreitas con [[Sexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico|Sexismundo de Luxemburgo]], rei de Hungría, baseándose no seu interese común de loitar contra a expansión [[Imperio otomán|otomá]].
 
As súas intervencións para apoiar aos pobos [[Cristianismo|cristiáns]] do [[sur]] do [[Danubio]], que estaban a loitar contra os turcos, causaron o seu enfrontamento co [[Imperio otomán]]. En 1394 [[Bayezid I]] ("o Lóstrego") pasou o Danubio con 40.000 homes, un continxente impresionante na época. Mircea tiña 10.000 homes, así que non era conveniente unha batalla en campo libre. Elixiu o que hoxe se chamaría unha guerra tipo "[[guerrilla]]", deixando ao exército contrario sen alimentos e usando ataques e retiradas frecuentes (un exemplo típico de [[guerra asimétrica]]). No [[10 de outubro]] de [[1394]], os dous exércitos enfrontáronse na [[Batalla de Rovine]], nun terreo con bosques e pantanos, que impediu aos otománs espallar o seu exército; os otománs non conseguiron derrotar ao exército de Mircea. Esta batalla foi invocada no [[poema]] de [[Mihai Eminescu]], "''A terceira epístola''".