Illa Vulcano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Liña 39:
|}
 
'''Vulcano''' é unha pequena illa volcánica no [[Marmar Tirreno]], uns 25 quilómetros ao norte de [[Sicilia]] é a [[Illas Eolias|illa Eolia]] máis meridional. Ten unha extensión de 21 km² e unha altura de 499 metros, contén varios centros volcánicos, incluíndo un dos catro volcáns activos non subterráneos de [[Italia]]. Está unida á illa de '''Vulcanello''', pero antigamente estaban separadas. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]].
 
A última erupción do volcán produciuse en [[1890]] e hoxe a maioría dos excursionistas acoden atraídos pola ascensión guiada ao Gran Cráter ou, polos espontáneos baños de lodo en Porto di Levante, os fumarentos ''fanghi bollenti'' aos que se atribúen efectos curativos das dores articulares.