Falsete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:Falzett
ampliación de contidos e inserción de imaxes
Liña 1:
[[Ficheiro:La_faringe.svg‎|thumb|330px|right|Partes da larinxe]]
A '''voz de falsete''' ou '''voz de cabeza''' é un [[timbre vocal]] especial, máis agudo que o timbre normalnatural. Cando se produce, as [[cordas vocaisvogais]] non fican xuntas en toda a súa extensión, senón que se afastan na parte anterior, o que acurta a súa extensión vibrante e aumenta a [[frecuencia]] do [[fundamental|son fundamental]].
 
==Etimoloxía==
'''Falsete''' provén do adxectivo francés ''fausset'', palabra presente dende o século [[XIII]]. Á súa vez, este ben dos adxectivos ''faux'' {{Fr}} e ''falso'' {{Es}}, derivando os dous de ''falsus'' do Latín. Outra acepción de ''falsete'' é sobreira de cuba, que provén do verbo ''fausser'' que significa furar.
 
==Descrición==
O ''falsete'' utilízase para alcanzar notas máis altas das que se obteñen normalmente. O modo de conseguilo é elevando a [[larinxe]], na proxección cara abaixo da súa parte anterior. Nesta posición, as [[cordas vogais]] en estado de laxitude, o músculo vocal non se pode modificar, os aritenores péchanse con forza e a parte superior das cordas vocais non pode vibrar pola postura adoptada. As únicas partes que vibran son os bordes máis finos das zonas media e anterior.
 
===Tipos de falsete===
O ''falsete'' pode ser ''patolóxico'', ''mecánico'' ou ''artístico''.
* O '''falsete patolóxico''' é o mutacional, que afecta aos pospúberes e adultos masculinos.As causas máis usuais son [[Sistema endócrino|endócrinas]] (por mor da debilidade dos [[músculo]]s bucais) ou [[psicoloxía|psicolóxico]] (por dificultade de adaptación á nova voz). Por este motivo non é frecuente atopar voces de falsete mutacionais en mulleres ou nenos.
* O '''falsete mecánico''' é a voz dun home cando imita a voz dunha muller ou neno. Esta voz realízase de modo voluntario e non supón ningún esforzo para o [[aparello fonador]]. Outra variación aparece cando unha voz non cultivada masculina canta por riba das súas posibilidades. Isto prodúcese porque cando se vai subindo de [[ton]] ao cantar, ao chegar ao punto de máxima contracción muscular, a larinxe sofre unha dilatación brusca. Entón, unha parte das cordas vocais perde presión e dobra a súa frecuencia (adoptando a oitava da muller, que é unha máis alta) e é entón cando soa como a voz dunha muller. Este fenómeno non se produce en voces estudadas. O punto no que se pasa dunha voz a outra é denominado ''paso de voz''.
* O '''falsete artístico''' é aquel que se usa deliberadamente.
 
Existe outro tipo de falsete pospúber, que non se inclúe na clasificación anterior, que é unicamente técnico. O púber, co fin de disimular os [[galo]]s da muda da súa voz, utiliza o falsete como voz substitutoria. No momento que quere acceder a súa voz masculina, como non a ten traballada, non a sabe utilizar. Estes problemas arránxanse coa [[fonoterapia]] con relativa facilidade.
==Historia==
Ao longo da historia vocal, os cantantes que utilizaban o ''falsete artístico'' foron substituídos polos [[castrati]] (dos séculos [[XVI]] ao [[XIX]]). Cantaron con moita sona durante tres séculos. O último que se coñece é [[Alessandro Moreschi]] que morreu no [[1922]]. Créese incorrecto denominar aos castrati como falsetistas, debido a que a súa voz non é finxida, polo que se dan en chamar ''sopranistas'' (debido a que posuían unha voz culta). Actualmente, os homes que educan a súa voz como sopranistas reciben o nome de [[contratenor]]es.
==Bibliografía==
Tulon, C. (2000) ''La voz''. Barcelona: Ed.Paidotribo
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[Cordas vogais]]
* [[Castrati]]
* [[Contratenor]]
 
[[Categoría:Fonética]]