Ramón Martínez López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recat
arranxiños menores
Liña 4:
Como estudante, participou na creación en [[1923]] do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Licenciado en Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1927]] e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en [[1929]], comezou a traballar como profesor de secundaria de [[lingua latina|latín]] e [[lingua española|lingua]] e [[literatura española]] en [[Ibiza]], [[Vigo]] e [[Lugo]]. En [[1931]] estivo entre os fundadores do [[Partido Galeguista]]. Gañou en [[1933]] unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de [[literatura comparada]] na [[Universidade de Lisboa]]. En [[1934]] recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a [[París]] e en [[1935]] encargouse da organización do Salón do Libro Español.
 
En [[1936]] doutorouse en Filosofía e Letras pola [[Universidade Complutense de Madrid]] e accedeu aos postos de attaché cultural nas embaixadas españolas de [[Portugal]] e [[Francia]] durante a [[Guerra Civil española]], como parte leal ao goberno democrático da [[Segunda República]]. Tamén estivo dando clase durantdurante tres meses na [[Universidade de Alxer]] e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia e logo na [[Arxentina]].
 
Comezou a investigar no instituoinstituto filolóxico de [[Bos Aires]], baixo a dirección de [[Amado Alonso]] e en [[1940]] accede ao departamento de Linguas Románicas da [[Universidade de Austin]], en [[Texas]], onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en [[1971]]. En [[1950]] consegue a cidadanía estadounidense e en [[1959]] a praza de profesor. Traballou como profesor visitante nas universidades de [[universidade de Wisconsin|Wisconsin]], [[Universidade de Novo México|Novo México]], [[Universidade de Porto Rico|Porto Rico]], [[Universidade de Denver|Denver]] e [[Universidade de Middlebury|Middlebury]].
 
Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das ''[[Cantigas de Santa María]]'', de [[Afonso X]] e da [[General Estoria]], do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española ([[Antonio Machado]]) e da [[literatura portuguesa]] ([[Teixeira de Pascoais]], entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre [[literatura galega]], tanto en galego como en [[lingua inglesa|inglés]].