Martín Expósito: Diferenzas entre revisións

xornalista español
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Martín Expósito Sacristán''', nado en Madrid en 1980, é un periodista. Naceu e creceu no madrileño barrio de Vallecas, onde segue residindo na actualidade. Traba..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2009 ás 16:01

Martín Expósito Sacristán, nado en Madrid en 1980, é un periodista.

Naceu e creceu no madrileño barrio de Vallecas, onde segue residindo na actualidade. Traballa na Emisora Onda Cero Radio, no programa "La Rosa de los Vientos de Juan Antonio Cebrián".

Traxectoria

Comezou a súa andadura no mundo da radio un verán de 1994, da man de Suso Pardeiro, con "A toda marcha", programa coral confiado pola emisora de Radio Valadouro a tres mozos con ganas de aprender.

A experiencia fíxolle ver que o seu futuro estaba no mundo da radio, polo que, tralo seu paso polo Colexio Raimundo Lulio, licenciouse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi condutor, durante dez temporadas (1996-2006) do programa "Vamos a la playa" de Radio Valadouro, proxecto que iniciou con 16 anos e que, pese a ser local, conseguiu que locutores con experiencia e famosos grupos de actualidade musical estatal pasaran polos micros da emisora lucense. Así, Juanma Ortega, Ella Baila Sola, La Oreja de Van Gogh, e outros tantos pasaron polo programa.

Na súa cidade natal foi locutor da emisora RKR Radio Las Rozas. E a nivel estatal traballou en Top Radio España, como colaborador nos espazos "La noche más loca" (2000-2001) e "Abierto al Anochecer" (2002); e na emisora do grupo Zeta Flaix FM (2002).

Tamén chegou a cruzar o charco e a traballar na emisora estadounidense WFUN en Ashtabula (Ohio).

No 2003 entrou a formar parte do equipo do programa "La Rosa de los Vientos" de Onda Cero Radio, baixo a tutela de Juan Antonio Cebrián. Na actualidade exerce como redactor e produtor, tendo a cargo as seccións "Agenda Cultural de DJ Martin" e "El Termómetro de la Tierra".

Véxase tamén

Ligazóns externas