Cova de Lascaux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: oc:Bauma de las Caus; cambios estética
Liña 1:
A '''cova de Lascaux''' é unha das máis importantes grutas ornamentadas [[Paleolítico superior|paleolíticapaleolíticas]]s polo número e a calidade estética das súas obras. É denominada ás veces como "a [[Capela Sixtina]] da [[arte parietal]]". As [[pintura]]s e as [[gravura]]s que garda non se poden datar con total precisión: a súa antigüidade é estimada arredor de 18.000 e 15.000 anos antes do presente, datación que se apoia nos estudos realizados sobre os obxectos descubertos na caverna, estando asociados ao [[Magdaleniano]] antigo, mais as últimas análises mostran que poderían remontar ao [[Solutreano]], período que o precede.
 
== Xeografía e contexto xeolóxico ==
A gruta está situada no [[Périgord]], no concello (''commune'') de [[Montignac]] ([[Dordogne]]), a uns corenta quilómetros ao suroeste de [[Périgueux]].
 
Ábrese sobre a beira esquerda do [[río Vézère]], nun outeiro calcáreo do [[Cretácico]] superior. Contrariamente a moitas outras cavernas da rexión, a de Lascaux é relativamente «seca». En efecto, unha capa de arxila impermeábel aíllaa de calquera infiltración de auga, impedindo novas formacións de concrecións calcáreas.
 
== Descubrimento ==
Foi descuberta o [[12 de setembro]] de [[1940]], por catro adolescentes que andaban á busca do can dun deles: Marcel Ravidat, Jacques Marsal, Georges Agnel e Simon Coencas, que avisaron de contado ao seu antigo profesor, Léon Laval. O prehistoriador [[Henri Breuil]], refuxiado na zona durante a ocupación nazi, foi o primeiro especialista que visitou Lascaux, o [[21 de setembro]] de [[1940]], na compaña de Jean Bouyssonnie e André Cheynier. H. Breuil foi tamén o primeiro en autentificala, describila e estudala. Deseguido realizou os primeiros calcos desde fins de 1940, pasando varios meses in situ para analizar as obras, que atribuíu ao período perigordiano.
 
Liña 15:
Por esa mesma época, as representacións parietais foron tamén estudadas por [[Annette Laming-Emperaire]], [[André Leroi-Gourhan]] e, entre [[1989]] e [[1999]], por [[Norbert Aujoulat]].
 
== Clasificación ==
A cova foi clasificada entre os Monumentos históricos de [[Francia]] desde o mesmo ano da súa descuberta, o [[27 de decembro]] de [[1940]].
 
En [[outubro]] de [[1979]] foi incluída no [[Patrimonio Mundial da UNESCO]], xunto con outros sitios e grutas ornamentadas do val do Vézère.
 
== Descrición da cova ==
[[Ficheiro:Lascaux plan.jpg|thumb|300px|right|Plano da cova de Lascaux]]
A gruta de Lascaux é relativamente pequena: o conxunto dos corredores non sobrepasa os 250 m de longo, cun desnivel de arredor de 30 m. A parte decorada corresponde a un nivel superior, pois o inferior está clausurado pola presenza de [[dióxido de carbono]].
Liña 31:
* despois da Sala dos Touros, á dereita do Divertículo axial, accédese á '''Pasaxe''' (''Pasage''), un corredor dunha quincena de metros;
* na prolongación da Pasaxe ábrese a '''Nave''' (''Nef''), outro corredor máis elevado, duns vinte metros;
* a Nave prosegue cunha parte non decorada, pois as paredes son pouco apropiadas, seguindo logo até o '''Divertículo dos Felinos''' (''Diverticule des Félins''), un estreito corredor duns vinte metros;
* A '''Ábsida''' (''Abside'') é unha sala redonda que se abre cara o Oeste, na confluencia da Pasaxe e a Nave;
* O '''Pozo''' (''Puits'') ábrese no fondo da Ábsida. O seu acceso supón unha baixada de 4 a 5 metros até o comezo do nivel inferior.
 
== As representacións parietais ==
* A '''Sala dos Touros''' presenta a composición máis espectacular de Lascaux. As paredes de [[calcita]] son inaxeitadas para gravados, polo que só está adornada de pinturas, con frecuenca de dimensións inusuais: algunhas miden até cinco metros de longo.
 
Liña 57:
</center>
 
== Lascaux II ==
A compañía propietaria de Lascaux lanzouse á realización dunha réplica dunha parte representativa da cova (Divertículo axial e Sala dos Touros). O proxecto foi parcialmente financiado pola venda do orixinal ao Estado en [[1972]]. Parado en [[1980]], foi logo retomado polo departemento da [[Dordogne]].
 
Liña 64:
Situado a 200 m do orixinal, o facsímil, bautizado como Lascaux II, inaugurouse o [[18 de xullo]] de [[1983]]. Outras reproducións de pinturas (friso dos cervos, bisontes adosados e a vaca negra da Nave, escena do Pozo) expóñense no parque do Thot, a uns quilómetros de [[Montignac]].
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
Liña 90:
[[nn:Lascaux]]
[[no:Lascaux]]
[[oc:Bauma de Laslas Caus]]
[[pl:Lascaux (Akwitania)]]
[[pt:Lascaux]]