Vértebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 1:
[[Ficheiro:Brustwirbel seite.png|thumb|300px|Vértebra torácica]]
Chámase '''vértebra''' a cada un dos [[óso]]s que conforman a [[columna vertebral]]. Nos seres humanosmamíferos hai 33 vértebras, incluíndo as cinco que están fusionados para conformar o [[sacro]] (as outras están separadas polos chamados [[discos intervertebrais]]) e as catro vértebras [[coccíxenas]] que conformaconforman o [[cóccix]]. As tres rexións superiores comprenden as 24 restantes vértebras, e que están agrupadas baixo os nomes de [[cervicais]] (7 vértebras), [[torácicas]] (12 vértebras) e [[lumbares]] (5 vértebras), de acordo coas rexións que ocupan.
 
As vértebras únense entre si polos seus corpos e polospolas seussúas apófisis articulares. Entre unha vértebra e outra existen uns ligamentos interóseos que se denominan discos intervertebrais.
 
Con excepción das primeira e segunda vértebra cervical, as chamadas vértebras verdadeiras ou movibles (pertencentes ás citadas tres rexións superiores) presentan certos trazos comúns que son mellor recoñecidos examinando unha vértebra do medio da rexión torácica.
 
==Estrutura xeral==
Agás a primeira e a segunda vértebras cervicais, que teñen unha configuración algo especial, o resto das vértebras mostran unha estrutura similar: o corpo, o arco vertebral, a [[apófise espiñenta]] onde se inseren os [[músculos]], dous [[pedículos]], dousdúas [[apófises transversas]] e dousdúas [[apófises articulares]].
 
==Vértebras cervicais==
Son xeralmente pequenas e delicadas. OsAs seussúas apófises espiñentosespiñentas son pequenospequenas (coa excepción da C7 que é a primeira vértebra, cuxa apófise espiñenta pode ser palpada). Podémolas diferenciar por ter un buraco na base das apófises transversas. Numeradas de arriba a abaixo como C1 ata C7, son as vértebras que permiten a rotación do pescozo. Especificamente o [[Atlas (vértebra)|Atlas]] (C1) permite ó cranio subir e baixar, e o [[axis (vértebra)|axis]] é o responsable de que a parte superior do pescozo vire de esquerda a dereita.
 
==Vértebras torácicas==
As súas apófises espiñentas apuntan cara abaixo e son máis grandes en relación ás das outras rexións. Posúen nas súas caras laterais unhas carillascaras articulares que conectan coa cabeza das costelas. Teñen un pequeno grao de rotación entre elas pero ó estar articuladas coa caixa torácica non existe un gran grao de mobilidade.
 
==Vértebras lumbares==
Son vértebras moito máis robustas que as anteriores xa que han de soportar pesos maiores. Permiten unha considerable [[flexión]] e [[extensión]], unha moderada flexión lateral e un pequeno grao de rotación. Os discos intervertebrais da rexión lumbar crean o que se chama a lordose lumbar (curvatura cóncava) da columna.