Historia da India: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Época europea: ligazón interna
Liña 164:
No [[1717]] o emperador Mogol, Farrukh-siyar deulle aos británicos permiso para establecérense en trinta e oito pobos preto de Calcuta, recoñecendo a importancia de manter continuidade no comercio da rexión de Bengala. Do mesmo xeito cós holandeses e franceses. Os ingleses pagaban con prata e cobre, favorecendo as arcas dos Mogois e incrementando o emprego dos artesáns e comerciantes locais. Os poboados fortificados dos ingleses deulles poderes extraterritoriais, o cal lles permitía administraren as súas leis criminais e civís e ofrecern numerosas oportunidades de emprego, así como asilo, a estranxeiros e indios. As fábricas británicas competían favorablemente cos seus rivais en tamaño e a poboación so a influencia inglesa comezou a aumentar. As poboacións orixinalmente pesqueiras de Madras e Calcuta, así como Bombai caeron baixo a administración británica. As súas factorías e os lugares adxacentes coñecidos como Pobos Brancos, representaban a preeminencia dos británicos en termos de poder político, social e cultural. Os indios que traballaban para os ingleses moraban nos denominados Pobos Negros, a varios quilómetros das factorías.
 
A compañía[[Compañía británicaBritánica das Indias Orientais]] comezou a empregar decotío aos chamados sipaios, os cales eran soldados adestrados por europeos, mais dirixidos por indios, para protexeren o seu comercio e para resolveren liortas de poder entre os xefes locais. A confrontación entre os franceses e os británicos xurdiu por primeira vez no sur da India, onde se enfrontaron tropas dirixidas por François Dupleix e Robert Clive. Entrámbolos dous bandos eslumecían por colocaren o seu candidato como "nawab" ou rexidor de Arcot, na zona ao redor de Madras. Na loita que se estendeu entre [[1744]] e [[1763]], os británicos obtiveron as maioees vantaxes após asinaren un tratado de paz , conseguindo colocar ao seu rexente. Os franceses e ingleses tamén apoiaron diferentes faccións na súa loita pola sucesión no virreinato Mogol de Bengala, sendo Clive quen gañou esta loita intervindo exitosamente ao derrocar ao Nawab Siraj-ud-daula na batalla de Palashi (a uns 150;km ao norte de Calcuta) no [[1757]]. Clive aproveitou con astucia, facendo gala de ser un home renarte e zolado, unha serie de intereses locais en contra do "nawab" local incluíndo soldados descontentos e terratenentes e comerciantes que estaban a sacar proveito á súa relación cos británicos.
 
Posteriormente Clive venceu ás forzas Mogois na [[Batalla de Buxar|Buxar]], ao oeste de Patna en Bihar no [[1765]] e o emperador Sha Alam conferiu aos ingleses os dereitos administrativos sobre a rexión de Bengala, Bihar e Orissa, unha rexión con 25 millóns de habitantes. Esta concesión estableceu de facto á compañía[[Compañía británicaBritánica das Indias Orientais]] como o poder soberano sobre a rexión. Clive foi o primeiro gobernador de Bengala.
 
==O Raj Británico==