Micorriza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:Mikorhizal; cambios estética
Liña 7:
É posible que un mesmo fungo forme a micorriza con máis dunha planta á vez, establecéndose deste xeito unha conexión entre plantas distintas; isto facilita a existencia de plantas [[parasito|parasitas]] (algunhas das cales nin sequera realizan a fotosíntesis, como as do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Monotropa]]''), que extraen todo o que necesitan do fungo micobionte e as outras plantas coas que este tamén establece simbioses. Así mesmo, varios fungos (en ocasións de especies diferentes) poden micorrizar unha mesma planta ao mesmo tempo.
 
== Vantaxes da micorrización ==
As vantaxes proporcionadas pola [[micorriza|micorrización]] para as plantas son numerosas. Grazas a ela, a planta é capaz de explorar máis volume de chan do que alcanza coas súas raíces, ao sumárselle neste labor as [[hifa]]s do fungo; tamén capta con maior facilidade certos elementos ([[fósforo (elemento)|fósforo]], [[nitróxeno]], [[calcio]] e [[potasio]]) e auga do chan. A protección brindada polo fungo fai que, ademais, a planta sexa máis resistente aos cambios de temperatura e a acidificación do chan derivada da presenza de [[xofre]], [[magnesio]] e [[aluminio]]. Por se todo isto fose pouco, algunhas reaccións fisiológicas do fungo inducen á raíz a manterse activa durante máis tempo que se non estivese micorrizada.
 
Liña 15:
[[Ficheiro:Ericoid mycorrhizal fungus.jpg|thumb|250px|Fungo micorrizo ericoideo]]
 
== Tipos de micorrizas ==
A maioría das plantas terrestres presentan micorrizas, e o máis probable é que os restantes descendan de plantas micorrizadas que perderon secundariamente esta característica. No caso dos fungos, a maior parte das 5000 [[especie]]s identificadas nas micorrizas pertence á división ''[[Basidiomycota]]'', mentres que en casos máis excepcionais obsérvanse integrantes de ''[[Ascomycota]]''. A terceira división que se observou formando micorrizas é ''[[Glomeromycota]]'', un grupo que, de feito, só se coñece en asociación micorrizóxena e cuxos integrantes morren cando se lles priva da presenza de raíces.
 
Liña 36:
* Monotropoides: a forma de penetración nas células é algo diferente.
 
== Descubrimento ==
O primeiro en observar as micorrizas e bautizalas co nome que levan actualmente foi o [[botánica|botánico]] [[alemaña|alemán]] [[Albert Berhhard Frank]], en [[1885]], tras detectar a súa presenza en varias árbores froiteiras. En [[1900]], o [[francia|francés]] Bernard descubriu a súa extrema importancia na vida e desenvolvemento das orquídeas. En [[1910]] comezou a estenderse o seu estudo nas plantas utilizadas en [[agricultura]] e [[xardinaría]].
 
No entanto, non foi até [[1955]], coa publicación dos primeiros estudos de Mosse en [[Inglaterra]], cando as micorrizas deixaron de considerarse como excepcións e aceptouse a súa importancia e xeneralidade reais. En tempos máis recentes, numerosos achados [[fósil]]é permitiron determinar que a orixe e presenza das micorrizas son enormemente antigos, pois se chegaron a atopar [[espora]]s de ''Glomeromycota'' en estratos de até 460 millóns de anos de antigüidade, pertencentes ao período [[Ordovícico]]. As formas arbusculares xa se atopan bastante estendidas no momento de aparición das primeiras plantas terrestres no rexistro fósil, fai 400 millóns de anos. Estas plantas, como a especie ''[[Rhynia major]]'', carecían de auténticas raíces, presentando unicamente un talo subterráneo ou [[rizoma]] do que sobresaían varios talos aéreos. A absorción de nutrientes, por tanto recaía case exclusivamente sobre o fungo micorrícico, polo que se pode dicir que a presenza destes foi imprescindible para a extensión da vida vexetal a terra firme, tras a cal chegarían posteriormente os [[animal|animais]].
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Glomeromycota]]
Liña 49:
* [[Simbiose]]
 
== Bibliografía ==
* ''Invitación á Bioloxía''. Helena Curtis e N. Sue Barnes, Panamericana, [[2003]].
 
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.biologia.edu.ar/fungi/micorrizas.htm ''Reino Fungi: Micorrizas'']. DuocUC
* [http://www.tolweb.org/tree?group=Glomeromycota&contgroup=Fungi ''Glomeromycota'' en ''The Tree of Life Project''.]
Liña 97:
[[sv:Mykorrhiza]]
[[th:ไมคอไรซา]]
[[tr:Mikorhizal]]
[[uk:Мікориза]]