Audiovisual galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
 
==A industria propia==
Dende o primeiro filme comercial, ''[[Sempre Xonxa]]'' de [[Chano Piñeiro]] (pero sen esquecer que xa [[Antonio Román]] fixera un documental titulado ''[[O carro e o home]]'', con guión de [[Xaquín Lorenzo]]), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da [[Compañía de radio e televisión de Galicia]], implementáronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral necesariamente positivo. Facer que [[John Wayne]] cuspise e malxurase en galego ou que a [[A Escrava Isaura|escrava Isaura]] chorase nunha ''fazenda'' brasileira con saloucos galaicos foi un labor que nunca se eloxiará dabondo, pois o que hogano é normal foi daquela tan rechamante que tardou en deixar de ser comentado. A enorme variedade de eidos que se abriron (xunto cos deportes ou os telexornais) obrigou a un esforzo [[normativización|normativizador]] que nin aínda hoxe esta feito de todo.
 
Outro punto de mellora foi a aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da [[Formación Profesional]] de grao superior, como o Centro [[Marcote]] de [[Vigo]] e outro centro (¿nome?) na [[Coruña]], e departamentos oficiais, como o [[Centro Galego de Artes da Imaxe]].