Micorriza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
Pexego (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Arbuscular mycorrhiza cross-section-gl.png|thumb|250px|'''Micorriza arbuscular'''. [[Esporanxio]], [[hifa]], [[micelio]], vesícula, arbúsculo]]
A palabra '''micorriza,''' de orixe grega, define a [[simbiose]] entre un [[Fungi|fungo]] ''(mycos)'' e as raíces ''(rhizos)'' dunha [[planta]]. Como noutras relacións simbióticas, ambos os participantes obteñen beneficios.<ref>Kirk, P.M., P.F. Cannon, J.C. David & J. Stalpers 2001. ''Ainsworth and Bisby’s Dictionary of the Fungi''. 9th ed. CAB International, Wallingford, UK.</ref> Neste caso a planta recibe do fungo principalmente nutrientes minerais e auga, e o fungo obtén da planta hidratos de carbono e [[vitamina]]s que el en por si é incapaz de sintetizar mentres que ela pódeo facer grazas á [[fotosíntese]] e outras reaccións internas.
 
Moitas plantas presentan micorrizas para aumentar a absorción de auga e sales minerais do chan. As micorrizas son a asociación entre raíces dunha planta e o micelio dun fungo, de forma que toda a extensión do micelio participa na absorción de nutrientes para a planta.