Wexford: Diferenzas entre revisións

localidade de Irlanda
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Cidade de Irlanda| |nome = Wexford |nome_nativo = Loch Garman |bandeira = |escudo = |lema = Per Aqua et Ignem |imaxe = Ireland map County Wexfor..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de outubro de 2009 ás 11:24

Modelo:Cidade de Irlanda Wexford (en irlandés: Loch Garman, en Nórdico antigo: Veisafjǫrðr) é unha localidade de Éire, capital do Condado de Wexford. Atópase no extremo suroriental da Illa, cerca do Europorto de Rosslare. A cidade está conectada coa capital do país, Dublín por estrada e ferrocarril.

O autor literario John Banville, naceu en Wexford.

Historia

Wexford atópase no lado Sur da Wexford Harbour, o estuario do río Slaney. Segundo unha lenda local, a cidade obtivo o seu nome irlandés, Loch Garman, dun xove chamado Garman Garbh que foi afogado nas marismas na desembocadura do río Slaney, polas augas liberadas por unha encantadora. O lago resultante foi chamado así, o lago de Garman. A cidade foi fundada polos vikingos contra o ano 800. Chamárona Veisafjörðr, entrada das marismas e o nome foi cambiado moi pouco na súa forma actual.

Nembargantes, en 1169 Wexford foi sitiada por Dermot MacMurrough Kavanagh, rei de Leinster e o ses aliado normando, Robert Fitz-Stephen. Os habitantes nórdicos resistiron con fiereza, ata que o bispo de Ferns persuadiu a aceptar un acordo con Dermot.

 
Ruinas da Selskar Abbey, Wexford.

Wexford, na Idade Media foi un asentamento de inglés vello. Un dialecto antigo do Inglés, coñecido como Yola, falouse únicamente en Wexford, asta o século XIX.

O Condado de Wexford foi un apoio da Irlanda confederada, durante a década de 1640. Una flota da Confederación corsario s se asentou na localidade de Wexford, composto por mariñeiros de Flandes e España, así como homes da localidade, que atacarían Inglaterra. Como resultado, a cidade foi saqueada e moitos dos seus habitantes foron asasinados e boa parte da cidade foi incendiada.

O condado de Wexford foi o centro da rebelión irlandesa de 1798 contra o governo Inglés. Alí tivo lugar unha masacre de leais, que foron executados na ponte da cidade polos membros da Sociedade de Irlandeses Unidos.