Declaración de Arbroath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
m Corrixín algúns erriños, mais a palabra "comaquén" segundo o dicionario da RAE e o Xerais non existe, por iso, toqueina por exemplo aínda que non me convence moito.
Liña 1:
[[Ficheiro:DeclaracionArbroath.JPG|right|thumb|350px|Representación actual do acto de sinatura da Declaración de Arbroath, celebrada en [[Stirling]].]]
 
A '''Declaración de Arbroath''' foi unha declaración de [[independencia]] do [[Reino de Escocia]], asinada o [[6 de abril]] de [[1320]] en [[Arbroath]] por 51 señores feudais. A declaración consistiu nunha carta enviada ao papa [[Xoán XXII, papa|Xoán XXII]], onde lle solitabansolicitaban ao pontífice que recoñecese a [[soberanía]] de [[Roberto I de Escocia]] sobre o territorio escocés. A Declaración, que aínda se conserva hoxe, é unha das tres misivas que debeu recibir o papa, canda unha do [[Igrexa católica|clero]] e outra do propio monarca escocés.
 
==Contexto==
 
Logo das guerras que enfrontaron a escoceses e ingleses a comezos do [[século XIV]], e que remataran coa vitoria das tropas comandadas por [[Roberto I de Escocia]], o monarca inglés [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] seguía a facer incursións e ataques sobre o terreo dominado por Roberto I. Este decide acudir ás instancias internacionais á busca de recoñecemento, e diríxese ao [[Papa]] de [[Roma]].
 
==O documento==
 
[[Ficheiro:Robert the Bruce.jpg|right|thumb|Estatua de [[Roberto I de Escocia]].]]
 
A Declaración de Arbroath foi escrita en [[lingua latina|latín]] da man, crese, do [[bispo]] [[Alexander Kininmund]] e do [[abade]] [[Bernard de Linton]], da [[abadía de Arbroath]], que era o [[chanceler de Escocia]] no tempo. Na data da declaración, o [[6 de abril]] de [[1320]], non se produciu ningunha xuntanza de nobres para debateren os contidos. O seu contido fora xa decidido nunha asemblea previa, na [[abadía de Newbattle]], no mes de marzo. Os selos dos oito [[duque]]s e dos outros 41 nobres escoceses fóronselle engadindo ao documento nas seguintes semanas, ou mesmo meses. Posteriormente, con todos os seus selos, a declaración enviouse á corte do papa, en [[Avignon]].
 
Non está comprobado nin o posicionamento do papa peranteante o documento, nin que o seu posicionamento tivese influencia no monarca inglés. En todo caso, o [[1 de marzo]] de [[1328]] o rei inglés [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]] asinou o [[tratado de Northampton]] que lle puña remate aos conflitos con [[Escocia]] e onde renunciaba a calquera reclamación de territorio escocés.
 
A copia orixinal, así como as outras dúas cartas que deberon acompañar a esta (a do clero e a do propio monarca Roberto I), perdéronse, pero unha copia desta gárdase aínda no [[Arquivo Nacional de Escocia]], en [[Edimburgo]].
 
==Interpretación==
 
[[Ficheiro:National Archives of Scotland.jpg|thumb|right|Arquivo Nacional de Escocia.]]
 
A Declaración contén algúns aspectos historicamente importantes. Por exemplo, fai referencia a Escocia como un reino que sempre foi independente (máis incluso cá propia [[Inglaterra]]), menciona os "inxustos" ataques do rei inglés e as súas atrocidades, recoñece a Roberto I como o líder na defensa de Escocia, e particularmente, que a independencia de Escocia é un dereito dos escoceses, máis ca un dereito do rei de Escocia, é dicir, outórgalle á nobreza a capacidade de rexeitar o rei e nomear outro se este actúa contra a soberanía de Escocia.
 
Liña 20 ⟶ 26:
 
==Influencia==
 
[[Ficheiro:Declaration of arbroath.jpg|thumb|right|Reprodución da Declaración de Arbroath (1320).]]
 
A retórica da Declaración de Arbroath foi ben coñecida, tanto en Escocia como fóra, e hai quen asegura que puido inspirar o texto da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]]<ref>
{{Cita Web
Liña 29 ⟶ 37:
|lingua=inglés
}}
</ref>. Tamén se manteñen os debates interpretativos sobre a relevancia do documento no que respecta o protodemocrático dereito do pobo de escoller o seu rei, ou de se se trata unicamente dun comaquénejemplo cunha única finalidade propagandística e que tivo o monarca e o abade Bernard como impulsores.
 
Porén, non se discute que o documento xogou un papel no recoñecemento da [[nación|identidade nacional]] escocesa e na creación da crenza común de que en Escocia quen ten a [[soberanía]] é o pobo, e non o monarca ou o parlamento. Tamén influíu na máis moderna [[Declaración de Calton Hill]], que buscaba a proclamación da [[república]] escocesa, en [[2004]].