Semenkhkare: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: arz:سمنخ كارع
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'aparte' por 'á parte'
Liña 15:
Semenkhkare aparece a finais do reinado de [[Ajenatón]] (Amenhotep IV/Akenatón), convertido en correxente deste rei e sendo o seu sucesor durante un breve e indeterminado período de tempo. Con todo, non se sabe case nada del, e hai varias teorías acerca da súa identidade. As dúas con máis forza son:
 
* Semenkhkare era un fillo do rei [[Amenhotep III]] e dunha das súas grandes esposas reais, ou ben [[Tiy]] ou ben [[Sitamón]]. Era, xa que logo, irmán de [[Ajenatón]] (Akenatón) e seguindo esta teoría, tamén de [[Tutanjamón]] (Tutankhamón). A el pertencería o corpo achado na famosa tumba ''[[KV55]]'', a tumba exipcia que máis ríos de tinta fixo correr (aparteá parte da de Tutanjamón), cuxa momia ten a mesma complexión e tipo de sangue que a deste último.
 
* Semenkhkare non era un home, senón unha muller. Dado que por aquel entón as mulleres máis próximas á familia real habían desparecido, a candidata máis firme a ser Semenkhkare sería a raíña [[Nefertiti]] (en ningún momento dise que morrese), que como [[Hatshepsut]] anos antes, tomaría aparencia e títulos masculinos. Segundo esa teoría, o corpo da tumba KV55 sería entón o de [[Ajenatón]].