Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: jv:Lènsa mata; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Schematic diagram of the human eye pt.svg|250px|thumb|right|Diagrama esquemático do [[ollo]] humano]]
O '''cristalino''' é un compoñente do [[ollo]] con forma de lente [[biconvexo|biconvexa]] que se atopa situado tralo [[iris]] e diante do [[humor vítreo]]. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso chamado [[acomodación ocular|acomodación]]. O cristalino caracterízase pola súa alta concentración en [[proteína|proteínas]]s, que lle confiren un índice de refracción máis elevado que os fluídos que o rodean. Este feito é o que lle outorga a súa capacidade para [[refracción|refractar]] a [[luz]], axudando á [[córnea]] a formar as imaxes sobre a [[retina]].
 
A medida que medra a idade do suxeito, o cristalino vai perdendo progresivamente a súa capacidade para acomodar. Este fenómeno coñécese como [[presbicia]] ou vista cansa e as súas causas descoñécense. Afecta á totalidade da poboación a partires dos cincuenta anos de idade, esixindo o uso de lentes para enfocar obxectos achegados. A principal doenza que afecta ao cristalino son as [[catarata|cataratas]]s. Por este nome coñécese a calquera perda da súa [[transparencia]] que afecte á visión. As súas causas son diversas e cando se atopan nun estado avanzado requiren dunha operación cirúrxica.
 
== Anatomía ==
[[Ficheiro:Lens_parts-es.svg|right|thumb|200px|Diagrama [[saxital]] coas diferentes partes do cristalino]]
O cristalino é un corpo [[lente|lenticular]], transparente, incoloro, biconvexo, flexible e [[avascular]]. O cristalino atópase no [[segmento anterior]] do [[ollo|globo ocular]], detrás do iris e o [[humor acuoso]] e diante do humor vítreo. Debido á ausencia de [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] no seu interior, a nutrición do cristalino depende principalmente de intercambios co humor acuoso. A curvatura da cara anterior (a que limita co humor acuoso) é inferior á da cara posterior. Os centros de ditas son coñecidos, respectivamente, como polo anterior e polo posterior, mentres que a liña que os une chámase eixo do cristalino. A anchura entre as caras anterior e posterior denomínase espesor do cristalino; para un recentemente nado sen acomodación, o seu valor é duns 3.5 milímetros<ref>Le Grand, E.; O Hage, S. G. ''Physiological Optics''. Páxinas 93 a 100.</ref>. Á circunferencia que delimita as dúas caras mencionadas chámase ecuador, mentres que ao seu diámetro coñécese como diámetro do cristalino.
Liña 18:
O cristalino está formado por células alongadas (fibras), compostas principalmente por unhas [[proteína]]s chamadas cristalinas. Estas fibras continúanse producindo durante toda a vida humana, por diferenciación das células orixinadas na [[rexión xerminal (cristalino)|rexión xerminal]] do epitelio, preto do ecuador. Como consecuencia diso, o espesor do lente medra coa idade do suxeito: na codia anterior e posterior, as novas capas de fibras superpóñense ás vellas formando estruturas concéntricas estratificadas, dun xeito semellante ao que acontence nunha [[cebola]]<ref>Helmholtz, Hermann von.''Helmholtz's Treatise on Physiological Optics''. Volume I. Páxina 32.</ref>.
 
As fibras do interior van perdendo os [[orgánulo|orgánulos]]s intracelulares, no que parece ser un proceso de [[apoptose]]. Este feito axuda a reducir a absorción e a mellorar a transparencia do medio, á que tamén pode contribuír a regularidade das fibras (transversalmente, seguen unha configuración hexagonal). Ademais, como consecuencia deste crecemento tamén se produce un endurecemento do cristalino<ref>Paul L. Kaufman, Albert Alm. ''Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica''. Capítulos 5 e 7</ref>.
 
O cristalino presenta unhas liñas de [[sutura]] que parten dos polos e esténdense radialmente. Estas liñas correspóndense coas rexións nas que coinciden fibras con direccións de alongamento contrarias. No feto, na cara anterior hai tres liñas dispostas en ángulos de 120 graos, en forma de "Y", mentres que na posterior configuran outro "Y" invertido. Coa idade, como se van engadindo novas fibras, a estrutura vaise complicando.
Liña 24:
No [[feto]], a forma do cristalino é aproximadamente esférica e é máis brando que no estado adulto. Neste período, o seu desenvolvemento é apoiado pola [[arteria hialoidea]], unha póla da [[arteria oftálmica]] que atravesa o humor vítreo, estendéndose dende o [[disco óptico]] ata o cristalino. Esta arteria adoita involucionar no noveno mes de embarazo; os restos da mesma forman a [[canle de Cloquet]].
 
== Historia ==
Ata a chegada da [[Alexandría|época alexandrina]], o coñecemento do cristalino era moi deficiente. Mostra diso é que os [[Grecia|gregos]] non adoptaron un vocablo para referirse a esta parte do ollo ata a chegada da devandita etapa. Unha consideración moi estendida naquela época era a de que o cristalino era líquido, solidificándose unicamente como consecuencia dalgunha enfermidade ou como resultado da disección. Así, existe unha vaga alusión do pioneiro da medicina moderna, [[Hipócrates]], a un compoñente do fluído do ollo que "cando se arrefría, vólvese sólido". Especúlase con que esta sexa a primeira referencia escrita sobre o cristalino.
 
Liña 37:
Os estudos en [[Bioloxía]] experimentaron un importante pulo no [[século XVII]] grazas á invención do [[microscopio]]. Por exemplo, o científico [[Países Baixos|neerlandés]] [[Anton van Leeuwenhoek]], coñecido polas melloras que introduciu neste instrumento, empregouno para examinar as diferentes partes do ollo, descubrindo a existencia de fibras no cristalino.
 
== Notas ==
{{Listaref|2|50}}
 
Liña 58:
[[it:Cristallino]]
[[ja:水晶体]]
[[jv:Lènsa mata]]
[[ko:수정체]]
[[lt:Lęšiukas]]