Vella fritindo ovos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Comezo traducción da es.wiki
 
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''''Vella fritindo ovos''''' é un cadro de [[Velázquez]] realizado na súa etapa sevillana. Hoxe en día atópase na ''National Gallery of Scotland'', en Edimburgo, tras ser adquirido en [[1955]] por un valor de 57,000 [[libras esterlinas]].
A data do cadro, aínda que non está claramente definida, sitúase en torno ao ano [[1618]], antes do traslado definitivo de Velázquez a [[Madrid]] no ano [[1623]].
 
==A técnica==
Este cadro, ao igual que outros realizados na primeira época de Velázquez, está influenciado polo [[claroescuro]]; un foco de luz, que ten a súa orixe na parte esquerda do lenzo, ilumina a parte dereita do cadro, é dicir, á anciá, aos seus útiles e aos ovos que está a fritir, deixando escuro o resto de cadro, o fondo e o neno. Este claroescuro é moi intenso, de xeito que é difícil apreciar a parede que se atopa ao fondo do cadro, a cal só é posible identificar porque ten unha cesta colgando dela.