Arte pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
==O Pop en América==
En [[Sudamérica]] o Pop entra en escena e arraiga con máis forza ca en ningún outro lugar, a pesar das reticencias dalgúns críticos ([[Harold Rosenberg]]) ó principio, dada a forza que o expresionismo abstracto tiña en tódalas instancias da industria da arte. Así a todo, a imaxinería pop era doadamente asimilable como algo puramente americano e isto era importante naquel continente pois sempre, tanto artistas como coleccionistas, estaban dun certo modo en loita ou competición co europeo. A confirmación disto produciuse coa exposición titulada ''O Pop Art e a tradición americana'' no '''Milwaukee Art Center''' en [[1965]]. Este aspecto nacionalista era o único que o acercaba á xeración dos expresionistas abstractos; no demais todo é oposto: os artistas pop ironizaban sobre a caligrafía e o aceno característicos dos expresionistas (as obras de [[Roy Lichtenstein]] nas que amplifica unha pincelada esquematizada graficamente), ou os enormes cadros de Rosenquist nos que amplifica espaguetis como recordando as nervacións dos ''drippings'' de Pollock, e en xeral o interese posto en refugar da obra toda traza da intervención manual do artista.
[[File:Andy Warhol 1977.jpg|thumb|[[Andy Warhol]]]]
 
Os precursores do Pop americano son [[Jasper Johns]] e [[Robert Rauschenberg]] e o grupo o forman [[Andy Warhol]], [[Roy Lichtenstein]], [[James Rosenquist]], [[Jim Dine]], [[Robert Indiana]], [[Tom Weselman]] e [[Claes Oldenburg]]. Na periferia do pop americano se encadranatópanse [[Alex Katz]], [[John Chamberlain]] e [[Larry Rivers]]. A pesar desta categorización todos son diferentes entre si. Warhol pretendía eliminar da obra de arte calquera traza ou signo de manualidade; moitas das súas obras están feitas a partir de fotografías proxectadas sobre o lenzo.
 
Lichtenstein toma os seus motivos das tiras de cómics e amplíaos a enormes dimensións deixando visibles os puntos que resultan do proceso de impresión. Dine combina obxectos reais con fondos pintados. Oldenburg fabrica obxectos da vida cotiá (hamburguesas, navallas, etcétera) a tamaños descomunais que instala en ocasións en espazos ó aire libre. Indiana pinta rótulos xigantescos que nos reclaman a atención e nos amoestan.