Torre de San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
arranxiño
Liña 7:
O lugar no que se encontra foi probablemente o núcleo poboacional máis antigo de Cambados<ref>Memorias do arcebispo [[Jerónimo del Hoyo]], que visitou Cambados en [[1607]].</ref>, e coñecido antigamente como ''Vila Vella''<ref>Segundo Caamaño Bournacell polo menos ata o século XII.</ref> e que despois adoptaría a actual denominación de San Tomé do Mar.
 
Caamaño Bournacell sinala que a [[fortificación]] foi construída na época do bispo compostelano [[Sisnando]], na segunda metade do [[século X]]. Con posterioridade a vila e a fortificación foron mercadas polo [[ArquidióceseArquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago]] [[Diego Xelmírez]] no [[século XII]], que ordenou restaurar a fortificación. No século seguinte pasou por [[foro|aforamento]] a ser feudo de [[Pai Gómez Chariño]], que reconstruíu a torre e a fortificación.
 
Finalmente a fortificación foi destruída entre [[1466]] a [[1470]] durante as [[irmandiños|revoltas irmandiñas]].