Mosteiro de San Clodio de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 6:
==Fundación e historia==
 
As súas orixes posiblemente se remonten ao [[século VI]], cara o ano [[554]] (segundo recolle o '''padre Yepes''' na súa ''Crónica'' da orde de [[Bieito de Nursia|San Bieito]]), relacionándose cos feitos ocorridos durante a persecución [[arianismo|arriana]] en tempos de [[Requila]], concretamente o martirio e morte do abade de [[León, España|San Claudio de León]] e varios monxes. O resto da comunidade fuxiu e buscou refuxio no [[Río Avia|val do Avia]], onde fundaron un novo mosteiro. Aínda todo isto, á vista das fontes, resulta difícil manter a existencia dunha fundación anterior ao [[século X]].
 
[[Ficheiro:Mosteiro de San Clodio de Leiro 2.jpg|thumb|250px|left|''Entrada actual á recepción do Hotel'']]
A tradición data a súa fundación no ano [[928]] por parte de '''don Álvaro''' e '''dona Sabita''' como mosteiro patrimonial e dúplice, adicándose aos santos [[San Clodio|Clodio]], [[San Lupercio|Lupercio]] e [[Santa Vitoria|Vitoria]].
 
A mediados do [[século XII]], [[1151]] ou [[1158]], acolleuse á [[regra de San Bieito]] a través da importante figura do '''Abade Pelaxio''', dentro da beneditinización promovida durante o reinado de [[Afonso VI]] o dominio da zona por [[Raimundo de Borgoña]] e a presidencia do '''bispo Dalmacio''', monxe [[Cluny|cluniacense]], na [[Iria Flavia, Padrón|Iria Flavia]] entre [[1094]] e [[1095]].