Lingua cúmbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Só a coñecemos por tres palabras inseridas nun texto [[latín|latino]]: '' Leges inter Brettos et Scottos''. Estas tres palabras son «galnys» ''inimizade de resultas dun homicidio ou ben a débeda de sangue debida a el'', « mercheta» ''filla'' e «kelkyn» ''círculo'', cuxos equivalentes en [[lingua galesa|galés]] moderno son «galanas», «merch» e «cylch» (en [[lingua bretoa|bretón]] «merc'h» e «kelc'h», no caso das dúas últimas palabras). Tamén hai nomes propios na ''Vida de san Kentigern''. Onde parece haber máis trazas desta lingua é na toponimia.
 
A zona onde se falaba situábase dunha e doutra banda do límite actual entre [[Escocia]] e [[Inglaterra]], na parte occidental, nos reinos de [[Rheged]], de [[Gododdin]] e do [[Reino de Strathclyde|Strathclyde]]. Algúns din que os [[bardo|bardos]] [[Taliesin]] e [[AneurinAneirin]] do [[século VI]] terían composto as súas obras nesta lingua. Segundo os textos que chegaron ata nós, non era moi diferente do galés antigo, lingua mellor coñecida. Tampouco diferiría demasiado da lingua bretoa falada nesta época.
 
Na actualidade hai esforzos de reconstruír a lingua usando palabras e frases que sobrevivan entre os falantes locais de [[lingua inglesa|inglés]].