Insomnio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Remato a traducción
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Aviso médico}}
O '''insomnio''' é unha das enfermidades do [[sono]] máis comúns. Aínda que xeralmente se fala do insomnio como da dificultade para conciliar o sono, en realidade a dificultade para durmir pode manifestarse de varias formas:
*Dificultade para conciliar o sono ao deitarse (insomnio inicial, o máis común)
*Espertarse decote durante a noite (insomnio intermedio)
Liña 6:
 
 
O insomnio impide a recuperación que o corpo necesita durante o repouso nocturno, podendo ocasionar [[somnolencia]] diurna, baixa [[concentración]] e [[incapacidade]] para sentirse activo durante o día.
 
Varios factores son os que determinan este [[transtorno]]: o [[estrés]], a elevada activación do [[organismo]] ou a [[depresión]] son de especial relevancia. Na [[actualidade]], é habitual a prescripción de fármacos[[fármaco]]s para o [[tratamento]] a curto prazo do insomnio, sen embargo esta medida non constitúe unha solución axeitada a medio e longo prazo, sendo preferible aplicar nestes casos outras técnicas coma a [[terapia]] conductual ou cognitiva. Un primeiro paso para abordar o transtorno (en realidade o insomnio é un [[síntoma]] e non unha [[enfermidade]]) consiste en instruir ao [[paciente]] sobor dos principios da chamada [[profilaxis]] ou [[hixiene]] do sono.
 
====Hixiene do sono====
Algunhas das pautas profilácticas máis coñecidas son as seguintes:
*A [[cafeína]] é un [[estimulante]] do [[sistema nervioso]] e debe interromperse o seu [[consumo]] de catro a seis horas antes de deitarse (neste lapso de tempo segue a haber no sangue trazas desta sustancia que, nalgunhas persoas máis susceptibles, segue a provocar insomnio, [[ansiedade]] ou [[nerviosismo]]). Asemade, aínda que non provoca [[adicción]] (dependencia física no organismo), si pode provocar unha [[dependencia]] psicolóxica.
*A nicotina tamén é un estimulante do sistema nervioso, polo que debe evitarse o seu consumo preto da hora de deitarse e nos espertares nocturnos. Asemade, provoca adicción (dependencia física).
*O alcohol é un depresor do sistema nervioso, se ben pode facilitar o inicio do sono, provoca espertares ao longo da noite. Asemade, provoca adicción (dependencia física).