Insomnio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Inicio traducción da es.wiki
 
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
Varios factores son os que determinan este transtorno: o estrés, a elevada activación do organismo ou a depresión son de especial relevancia. Na actualidade, é habitual a prescripción de fármacos para o tratamento a curto prazo do insomnio, sen embargo esta medida non constitúe unha solución axeitada a medio e longo prazo, sendo preferible aplicar nestes casos outras técnicas coma a terapia conductual ou cognitiva. Un primeiro paso para abordar o transtorno (en realidade o insomnio é un síntoma e non unha enfermidade) consiste en instruir ao paciente sobor dos principios da chamada profilaxis ou hixiene do sono.
 
====Hixiene do sono====
Algunhas das pautas profilácticas máis coñecidas son as seguintes:
*A cafeína é un estimulante do sistema nervioso e debe interromperse o seu consumo de catro a seir horas antes de deitarse (neste lapso de tempo segue a haber no sangue trazas desta sustancia que, nalgunhas persoas máis susceptibles, segue a provocar insomnio, ansiedade ou nerviosismo). Asemade, aínda que non provoca adicción (dependencia física no organismo), si pode provocar unha dependencia psicolóxica.
*A nicotina tamén é un estimulante do sistema nervioso, polo que debe evitarse o seu consumo preto da hora de deitarse e nos espertares nocturnos. Asemade, provoca adicción (dependencia física).
*O alcohol é un depresor do sistema nervioso, se ben pode facilitar o inicio do sono, provoca espertares ao longo da noite. Asemade, provoca adicción (dependencia física).