Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Literatura en progreso}}
O '''Cancioneiro da Biblioteca Vaticana''' (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V, é unha colectánea de 1200 <ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Galaxia. 1998, páxina 51</ref>cantigas medievais escritas en [[galego-portugués]] (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldizer), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.
 
É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Colloci-Brancuti]] por orde de [[Angelo Colocci]] no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional(B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.
 
== Notas ==
<references/>
==Véxase tamén==
*[[Cancioneiro de Ajuda]]