Foedus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1241317 de 91.117.76.70 (conversa), o correcto é conveniente, do latín conveniente do verbo convenire
Liña 3:
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pireinaicos no outono do 409 e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xérmanicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza de ''facto'' no marco dos territorios que ocupaban.
 
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do mais convinteconveniente. Desde o punto de vista xérmanico porque o bandoleirismo non era forma de vida posibel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarian a facer os vandalos. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantia a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e poderia atender os asuntos que reclamaban a sua presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.
 
Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigandoos á contrapartida habitual nos ''foedus'', que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia [[Tarraconense]], que se debe entender como un intento de afastar os xérmanicos do [[Mediterráneo]], derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da [[Hispania]].