Lobeto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: es
Liña 58:
 
===Xuventude===
A infancia e xuventude de Lobeto foron reveladas gradualmente co paso do tempo. A historia da infancia de Logan foi narrada na serie limitada ''[[Wolverine: Origin]]'': Naceu como James Howlett no [[século XIX]] en [[Alberta]], no seo dunha rica familia canadiense e fruto do matrimonio de John e Elizabeth Howlett. Foi un neno enfermizo, polo que o seu pai contratou a unha rapaza chamada Rose para que o coidase. Ambos compartían xogos con [[Dog Logan]], que máis tarde se convertiría no inimigo de James.
 
Semella que o primeiro fillo de Elizabeth naceu cas mesmas garras que James, pero morreu nun accidente non especificado anterior ó comezo da historia. Esta experiencia traumática fixo que Elizabeth tolease e fose ingresada nun manicomio durante un tempo. Revelouse que tivo unha aventura co xardiñeiro da finca dos Howlett, [[Thomas Logan]], un home que semellaba exactamente idéndico ó adulto Lobeto. Anos despois, Elizabeth deu a luz a James.
 
O fillo de Thomas Logan, Dog, atacaría a Rose, levando a que John Howlett reprendese a Thomas Logan. Despois de que Dog asasinase ó can de James, Callie, Thomas foi despedido, pero xunto ó seu fillo coóuse na finca dos Howlett para rapta-la súa amada, Elizabeth. Thomas Logan matou a John Howlett. Os poderes mutantes de James, en particular as súas garras, surxiron cando descubriu ó asasino xunto ó cadaver do seu pai. Cos seus novos poderes, James matou a Thomas Logan e feriu a Dog. Tras perder ó seu marido e ó seu amante e descubrir que o seu segundo fillo tamén era un mutante, Elizabeth suicidouse.
 
O abó de James culpouno polo acontecido e enviou a James e a Rose ó exilio. Chegaron ata unha colonia mineira na [[Columbia Británica]], onde James medrou ata converterse nun forte e feroz traballador. Alí adoptou o nome de Logan (cando chegaron, Rose deu ese nome para tentar agocha-la verdadeira identidade de James) e lle deron o sobrenome de ''Wolverine'' (debido á súa ferocidade).
 
Tres anos despois, Dog, agora enormemente semellante ó adversario de Lobeto, [[Sabretooth|Dentes de Sabre]], atopouno. Obrigado a recorda-la súa angustiosa xuventude, Logan loitou salvaxemente con Dog. Logan levaba vantaxe, pero cando Rose tentou evitar que matase a Dog, foi empalada polas garras de Logan. Destrozado pola dor da morte do seu verdadeiro amor, Logan fuxiu cara os bosques xunto a unha manada de [[lobo]]s.
 
===Primeiras aparicións===