Matthias Grünewald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
File:Grünewald, Matthias - Concert of Angels (detail) - c. 1515.jpg
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Munich' por 'Múnic'
Liña 9:
 
==A obra==
Atribúense na actualidade, con certeza, a Matthias Grünewald dez obras, das cales varias son polípticos, e máis 35 debuxos, que andan repartidas en varias coleccións europeas e americanas. O primeiro dos seus lenzos, de autoría incontestada, é o emotivo "Ultraxe de Cristo", datado no ano [[1503]] e conservado na ''[[Alte Pinakothek]]'' de [[MunichMúnic]], que estilisticamente está ben achegado á pintura [[Pintura gótica|gótica]] tardía do val do [[Río Rhin|Rhin]]. Mais a súa obra máis célebre é, sen dúbida, o [[retábulo de Issenheim]], que é obra emblemática das coleccións do [[Museo de Unterlinden]] en [[Colmar]].
 
===O seu universo pictórico===
[[File:Grünewald, Matthias - Concert of Angels (detail) - c. 1515.jpg|thumb|1515]]
 
A obra de Grünewald, de temática exclusivemente relixiosa, tanto no que sobrevive, como no que chegou a nós por testemuñas, pertence á época de transición entre o [[Pintura gótica|gótico]] tardío e o [[Renacemento]], e está marcada por un misticismo que bordea, ás veces, o alucinatorio. Devela un simbolismo tomado directamente das visións de santa [[Bríxida de Suecia]], entón moi lidas. Ariqueza en escenas estrañas, cheas de detalles a penas comprensíbeis e transcendidos por unha técnica deslumbrante, tanto a nivel de acabados cromáticos como nos volumes, nos relevos e nas superficies, é acompañado dun manexo moi libre e desconcertante das perspectivas e as relacións de tamaños que contribúen a aumentar o efectivismo. Esta dicotomía entre técnica e construción do espazo, que culmina no painel central do [[retábulo de Issenheim]], cuxa parte esquerda é comunmente denominada [[O concerto dos anxos]], non se puido explicar satisfactoriamente até que foron redescubertos os escritos da devandita mística sueca, máis ou menos pola mesma época en que Fraenger redescubría « [[Malleus Maleficarum|O martelo das bruxas]] » para reinterpretar a [[Jérôme Bosch]], artista ao que se ten comparado Grünewald, pola riqueza do imaxinario fantástico e a fascinación pola crueldade, e todo aquilo que ha en común entre o minucioso e gracioso [[Flandres|flamengo]] e o alemán, nidiamente máis físico e plástico, sobretodo na facilidade de planeamento indicado antes. Mais Grünewald é máis que nada famoso polos súas visións punzantes do sofrimento de [[Xesús de Nazareth|Cristo]], nomeadamente nas súas catro crucifixións: as de [[Basilea]], [[Washington DC]], [[Colmar]] e [[Karlsruhe]] , á cales o seu ''Escarnio de Cristo'' (MunichMúnic), e o ''Cristo con a cruz ás costas'' (Karlsruhe), non lles ceden máis que un pouco en termos de énfase e violencia crúa.
 
===Influencia===