Jean-François Lyotard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Paris' por 'París'
Liña 3:
 
==Biografía==
'''Lyotard''' naceu en [[Versalles]]. Casou en maio de 1948. Estudou na escola primaria “Lycées Buffon” de [[ParisParís]], e despois da súa graduación, en 1950, marchou a Constantine (no este de [[Alxeria]] ocupado por Francia) para traballar como profesor de [[filosofía]]. En 1954 fíxose membro de [[Socialismo ou barbarie]], organización política formada en 1948 ante a insuficiencia da análise trotskista para explicar as novas formas de dominación na [[Unión Soviética]]. Os seus escritos deste período preocúpanse sobre todo pola política de extrema esquerda, enfocándose na situación arxeliana da que foi testemuña cos seus propios ollos mentres ensinaba filosofía en Constantine.
 
Comezou a dar clase na [[universidade de París VIII]] ([[Vicennes]]) dende a década dos setenta ata que chegou a profesor emérito no 1987. Tamén foi director fundador e membro do concilio do [[Colexio Internacional de Filosofía]], en París. Antes da súa morte pasaba o seu tempo entre París e [[Atlanta]], onde esinaba Francés e Filosofía na universidade de Emory.