Alfabeto greco-ibérico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categoría
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
O '''alfabeto greco-ibérico''' é unha adaptación case directa dun [[alfabeto grego]] xónico ás particularidades da [[lingua ibérica]] e, polo tanto, carece da característica distintiva do resto de [[escrituras paleohispánicas]], que presentan signos con valor silábico, para as [[oclusiva]]s, e signos con valor alfabético, para o resto de [[consoante]]s e [[vogal|vogais]].
 
Este alfabeto escríbese de esquerda a dereita e a súa área de difusión concéntrase nas provincias de [[Alacante]] e [[Murcia]]. O número de inscricións que o utilizan é moi reducido, dúas decenas de grafitos cerámicos e unha decena de fusíbeis, entre os que salientan o chumbo da Serreta ([[Alcoi]], [[Alacante]]) e o do Cigarralejo ([[Mula]], [[Murcia]]). O chumbo da Serreta apareceu en 1921 e foi decisivo no desciframento do [[signario ibérico nororiental]] de [[Manuel Gómez-Moreno]] publicada en 1922. Os contextos arqueolóxicos das inscricións onde se usa son do [[século –IV]], pero as características paleográficas con relación ao modelo parecen indicar que a adaptación se podería ter realizadoser ade mediados do [[século –V]].
 
O alfabeto greco-ibérico está formado por 16 signos idénticos aos do modelo agás polo que respecta á segunda vibrante: cinco vogais, só unha [[consoante nasal|nasal]], unha lateral, dúas sibilantes, dúas vibrantes, tres oclusivas sonoras, (labial, dental e velar), pero só dúas xordas (dental e velar). Para representar a segunda vibrante engádese un til a [[rho]], elíxese [[eta]] en lugar de [[épsilon]] para representar /e/, e elíxese [[sampi]] como segunda sibilante.