Decadencia do Imperio Romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|400px|A [[Porta Maggiore de Roma. Grabado de Giovanni Battista Piranesi (1775)]] '''A decadencia e caída do..."
 
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A historiografía oscilou entre unha interpretación minimalista (a interrupción da serie de emperadores na parte occidental do Imperio) e unha maximalista (o afundimento dunha civilización e o crebo dunha historia do mundo dividida en dúas etapas: unha antiga-pagana e outra moderna-cristiá). De igual xeito, dun extremo ao outro do espectro de teorías propostas, considerouse o proceso como unha longa transformación debida a fenómenos endóxenos (a "decadencia") ou un derrumbamento de súpeto por causas fundamentalmente exógenas (a "caída").
 
Na actualidade predominan as teorías esóxenas menos dramáticas, aínda que sen restar importancia aos problemas internos e as consecuencias que produciu a irrupción dos [[xermanos]] no Imperio. Esta concepción continuista defende a pervivencia ata época carolinxia -malia as invasións e violencias- das estruturas político-económicas fundamentais e da concepción do poder do mundo tardorromano. Xa suxerida polo soado historiador [[BelxicaBélxica|belga]] [[Henri Pirenne]], esta corrente continuista tería o seu maior exponente en [[Walter Goffart]], da [[Universidade de Toronto]], ata certo punto en autores como o británico [[Peter Heather]], e no seu caso máis extremo na moi criticada [[Fiscalismo|corrente fiscalista]] do [[Francia|francés]] [[Jean Durliat]]. Un exemplo serían as palabras do profesor [[Gonzalo Fernández Hernández]], da [[Universidade de Zaragoza]]:
 
{{cita|O Imperio Romano de Occidente enfrontouse a uns problemas entre 454 e 476 que desembocan nunha reunificación do Imperio (...) 476 non supón o fin de Imperio algún (...) os soberanos bárbaros federados ao Imperio Romano recoñecen a soberanía nominal dun único emperador con sé en [[Constantinopla]] (...) en teoría esta situación perdura ata a coroación imperial de [[Carlomagno]]... |<ref>''La crisis del Imperio Romano de Occidente (454-476 d. C.)''. En: ''Revista de arqueología'', ano 28, nº 344, pp. 55-63.</ref>}}