Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
imaxes
mSen resumo de edición
Liña 3:
O '''mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes''' é un [[mosteiro]] cisterciense situado no concello de [[Sobrado]], na [[comarca da Terra de Melide]]
 
PosíbelmentePosibelmente fundado no ano [[952]] nun primeiro momento (aparece citado en documentos de finais do século X co nome de "San Salvador"), pouco se sabe sobre os primeiros 150cento cuncuenta anos da súa historia. A principios do século XII o mosteiro está abandonado.
 
Foi refundado no ano [[1142]], cando [[Bernardo de Claraval|San Bernardo]] envía desde [[Claraval]] (Francia), de onde é abade, unha comunidade de monxes. O [[14 de febreiro]] de 1142, comeza en Santa María de Sobrado a vida monástica [[Orde do Císter|cisterciense]]. Durante o resto do século XII e o século XIII o mosteiro desenvolve unha grande actividade espiritual e económica. Desta fábrica consérvanse a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas.
 
Coñece despois unha etapa de decadencia que se detén no ano [[1498]], ao incorporarse a Congregación de Castela. O mosteiro recupera parte da súa grandeza; a maioría dos edificios que actualmente se conservan, comezan a construírse a partir desta nova época. A monumental igrexa remátase a finais do século XVII e conságrase en [[1708]].
Liña 11:
Santa María de Sobrado sofre unha nova etapa de decadencia, que culmina o [[21 de setembro]] de [[1834]], cando coa [[desamortización]], o Mosteiro queda suprimido por real orde. O Mosteiro de Santa María de Sobrado, os seus edificios e posesións foron vendidos. Iníciase un deterioro progresivo dos edificios que acaban converténdose en ruínas.
 
No ano [[1954]], por encargo do cardeal [[Fernando Quiroga Palacios|Quiroga Palacios]], [[Arcebispo de Santiago]], o Mosteiro Cisterciense de Viaceli, situado en [[Cóbreces]] (Cantabria) comeza a tarefa de reconstrucciónreconstrución de Sobrado; e no mes de xullo de [[1966]] envía unha comunidade de monxes. O [[25 de xullo]] de 1966, comeza de novo a vida monástica cisterciense no Mosteiro.
 
==Galería de imaxes==
Liña 17:
Ficheiro:4046195-1- mosteiro.jpg
Ficheiro:Monasterio de Sobrado.jpg
 
</gallery>
 
Liña 23 ⟶ 22:
===Ligazóns externas===
*[http://www.noticiasgalicia.com/monasterios/sobrado/ Páxina con información sobre o Mosteiro]
 
 
[[Categoría:Mosteiros e conventos de Galicia|Sobrado]]