Península do Morrazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categoría máis específica
Prebot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-Parque Nacional das Illas Atlánticas +Parque nacional das Illas Atlánticas)
Liña 4:
A península do Morrazo é un exemplo de [[horst]]. A elevación do terreno que a conforma debeuse ó afundimento das rías que separa. O seu [[istmo]] vai de [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]] a [[Pontevedra]].
 
A súa parte occidental vese desgaxada de norte a sur por unha ampla fendidura tectónica inundada: a [[Ría de Aldán]], que individualiza a [[subpenínsula do Hío]], parroquia máis occidental da [[comarca do Morrazo]]. Pola súa parte, o seu extremo meridional e confín da península, [[Cabo Home]], morre a pouca distancia das [[Illas Cíes]] (integradas no [[Parque Nacionalnacional das Illas Atlánticas]]).
 
O Morrazo é unha península montuosa atomizada en ducias de vales, outeiros, e enseadas, que conforman un complexo tecido de unidades individualizadas, ricas e moi humanizadas que albergan unha elevada densidade de poboación. O punto máis alto da península é a meseta da Chan da Carqueixa (628 m), no Monte Xaxán ([[Domaio, Moaña|Domaio]]).