Tetris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Música: Traduzo un pouquiño máis (xa qeuda menos!)
Liña 126:
Music C na versión da Game Boy é un arranxo da [[Suite francesa Nº 3 en Si Menor, BWV 814, V. Menuett - Trio]] de [[Johann Sebastian Bach]].
 
==Efecto do ''Tetris'' no cerebro==
Dacordo coa [[investigación]] dos Dr. [[Michael Crane]] e Dr. [[Richard Haier]], et al. unha actividade prolongado de Tetris pode levar a unha maior eficiencia da actividade cerebral durante o xogo.<ref>{{cite web|url=http://www.ucihs.uci.edu/pediatrics/faculty/neurology/haier/pdf/50.pdf |title=PII: 0006-8993(92)90573-R<!-- Bot generated title --> |date= |format=PDF |accessdate=2008-11-12}}</ref> Desde o primeiro xogo co Tetris, a actividade e funcións do cerebro, así como o seu consumo de enerxía increméntanse, sendo medido polos niveis metabólicos de [[glucosa]]. A medida que os xogadores se tornan máis hábiles, os seus [[cerebro]]s amosan unha reducción no consumo de glucosa, o cal indican unha maior eficiencia cerebral na realización desta actividade.<ref> Haier, R. Siegal, B. MacLachlan, A. et al. (1991). Regional glucose metabolic changes after learning a complex visuospatial/motor task: a positron emission tomographic study. Department of Psychiatry and Human Behavior, University of California, Irvine, Irvine, CA (U.S.A.)</ref>
 
En xaneiro de [[2009]], un grupo de investigación da [[Universidade de Oxford]] liderado pola Dr. [[Emily Holmes]] informou en PLoS ONE que [[voluntario]]s sans xogadores de Tetris, logo de teren sido expostos á visión de material traumático no [[laboratorio]], reducían considerabelmente o número de [[flashback]]s ocasionados por esas escenas durante a semana seguinte. O equipo cría que o videoxogo interrumpía as memorias retidas das imaxes e sons que eran despois reexperimentadas nos flashbacks involuntarios. O grupo confiaba en desenvolver este achegamento máis profundamente nunha potencial intervención para reducir flashbacks experimentados en [[trastorno de estrés postraumático|trastornos de estrés postraumático]], mais incidían en que só eran resultados preliminares.<ref>[http://www.plosone.org/article/info:doi/10.1371/journal.pone.0004153 PLoS ONE: Can Playing the Computer Game “Tetris” Reduce the Build-Up of Flashbacks for Trauma? A Proposal from Cognitive Science<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
O xogo tamén pode causar un síntoma de estrés repetitivo no cal o cerebro imaxina involuntariamente combinacións de Tetris mesmo cando a persoa non está a xogar (o [[efecto Tetris]]), aínda que isto pode ocorrer con calquer videoxogo que exiba imaxes e escenarios repetidos.
 
==Cultura popular==