Conversa categoría:Reintegracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Centrar o debate: Datos sobre a obra citada
→‎Centrar o debate: pequeno arranxo
Liña 16:
==Centrar o debate==
Unha vez máis, estamos con desvaríos esteriles cando se trata desta cuestión. Ip 83.42.12.235, os datos que forneces están tirados da internet, e todos, sen excepión, veñen de fontes reintegracionistas, que sexa como for non representan máis ca unha parte, e para caso ínfima. Aí van as webs do que citas: [http://www.depontevedra.es/?1,611,2,440], [http://www.ctv.es/USERS/joaovaleiro/Documentos/glotomhv.htm] Isto non é serio. De novo, estamos perdendo o tempo. O reintegracionismo está ben para quen o queira, pero a Galipedia non está nin moito menos ao seu servizo. Eu, unha vez máis, dou por rematada a miña contribución a este debate a todas luces baleiro e que non achega nada de proveito ao proxecto. Canto ao acaído da categoría, propoño borrala e se no seu momento se considera fóra de sospeitas e necesaria, daquela non haberá problema ningún en creala novamente.
* Extraído do texto [http://www.fbarrie.org/fundacion/jsp/pdfs/publicaciones/CODIF.pdf «O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980)] de ALONSO PINTOS, Serafín, Fundación Pedro Barrié de la Maza, D.L. 2006. - 344 p.; 24 cm. - (Biblioteca Filolóxica Galega).- D.L.: C-1697-2006 - ISBN: 84-95892-54-5
Filolóxica Galega).- D.L.: C-1697-2006 - ISBN: 84-95892-54-5
(a negriña é miña):
{{Cita|O horizonte que aquí se establece propende asemade a abandonar para sempre o que Valentín Paz-Andrade denomina o “preito rexional”. A denominación preito rexional ten un campo de significación asimilable ao que hoxe coñecemos por autonomismo ou '''isolacionismo''', corrente de estandarización que constitúe, como sabemos, a tendencia maioritaria do activismo galeguista desde a época do Rexurdimento. Para o noso autor, é xusto esta tendencia tradicional na elaboración do idioma a que hai que rexeitar. O que Paz-Andrade demanda é un
Volver á páxina "Reintegracionismo".