Conversa categoría:Reintegracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
*Home é certo que o do reintegracionismo ten unha compoñente "política" pero eu tamén penso que non debería ir no de categoría Política de Galicia... Non sei, igual na de «Lingüística» e conviría tamén crear unha chamada «Isolacionismo». Home, a maioría das categorías poden ser usadas propagandísticamente p.ex.a de «nacionalismo galego» (aínda que se o pensamos é do qeu se trata, para iso están as categorías, para ampliar os coñecementos sobre un campo do saber ligando diferentes artigos, «propagar» a información), mais esa categoría ao igual que a de «reintegracionismo», son úteis, que é do que se trata. Esta etiqueta penso que é de utilidade se alguén está a procurar info sobre o rientegracionismo pois pode ligalo con outros artigos interesantes da temática: a filólogos defensores, organizacións ou aspectos teóricos representativos desta corrente filolóxica.--[[Especial:Contribucións/83.42.12.235|83.42.12.235]] 16:08, 26 xuño 2009 (UTC)
:Estou en completo desacordo coa creación do artigo isolacionismo. Isolacionismo: doutrina política que propugna a non intervención dun país en asuntos internacionais. Que ten que ver? Se se refire ó emprego que lle dan os sectores reintegracionistas de ''isolamento'', segundo eles, do galego, coido que é un termo despectivo. Dende cando que unha lingua sexa unha lingua é motivo de aillamento? Non é neutral esa categoría, ademais de innecesaria. Poño o parche antes da ferida porque vexo vi-lo tema. [[Usuario:Albert galiza|Alberte]] <sup>[[Conversa Usuario:Albert galiza|Si, dígame?]]</sup> 16:28, 26 xuño 2009 (UTC)
::Home, eu cando estudaba no instituto no meu libro de texto cando explicaba o nacemento da norma oficial, puñan «reintegracionismo» e «isolacionismo» para se referir ás dúas correntes. Non creo que sexa despectivo, sobre todo tendo en conta que ese libro estaba escrito na norma oficial.
Volver á páxina "Reintegracionismo".