Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20:
As fibras do interior van perdendo os [[orgánulo|orgánulos]] intracelulares, no que parece ser un proceso de [[apoptose]]. Este feito axuda a reducir a absorción e a mellorar a transparencia do medio, á que tamén pode contribuír a regularidade das fibras (transversalmente, seguen unha configuración hexagonal). Ademais, como consecuencia deste crecemento tamén se produce un endurecemento do cristalino<ref>Paul L. Kaufman, Albert Alm. ''Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica''. Capítulos 5 e 7</ref>.
 
O cristalino presenta unhas liñas de [[sutura]] que parten dos polos e esténdense radialmente. Estas liñas correspóndense coas rexións nas que coinciden fibras con direccións de alongamento contrarias. No feto, na cara anterior hai tres liñas dispostas en ángulos de 120 graos, en forma de "EY", mentres que na posterior configuran outra "EY" investidainvertida. Coa idade, como se van engadindo novas fibras, a estrutura vaise complicando.
 
No [[feto]], a forma do cristalino é aproximadamente esférica e é máis brando que no estado adulto. Neste período, o seu desenvolvemento é apoiado pola [[arteria hialoidea]], unha póla da [[arteria oftálmica]] que atravesa o humor vítreo, estendéndose dende o [[disco óptico]] ata o cristalino. Esta arteria adoita involucionar no noveno mes de embarazo; os restos da mesma forman a [[canle de Cloquet]].