Saxofón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
Foi inventado cara 1840 por [[Adolphe Sax]] (1814-1894).
O saxofón combina na súa construcción a embocadura de palleta simple do clarinete, un corpo metálico unha versión ensanchada deldo tubo cónico do [[oboe]].
 
Os saxofóns máis coñecidos son o soprano, o contralto, o tenor e o barítono con unha extensión de duas octavas e media, agás o barítono, que posúe un semitón máis. A calidade tímbrica vai dende o suave e doce até o ronco e metálico, dependendo da embocadura, da emisión e do saxo que se estea a tocar.
 
Os saxofóns apareceron por primeira vez na [[orquestra]] sinfónica en 1844. Algúns compositores escribiron partes orquestais para eles, como os franceses [[Hector Berlioz]] e [[Georges Bizet]]. O alemán [[Richard Strauss]] usa un cuarteto de saxofóns na súa Sinfonía doméstica (1903). Entre as obras para saxofón solista destaca a Rapsodia (1903) para saxofón orquestra de [[Claude Debussy]] e a Fantasía para saxofón ye orquestaorquestra (1948) de [[Heitor Villa-Lobos]]. Na segunda metade do século XX usouno [[Luciano Berio]], [[Luigi Nono]] e [[Pierre Boulez]], entre outros. Nas bandas militares os saxofóns teñen o mesmo papel que os clarinetes. O saxofón fíxose especialmente popular en [[Estados Unidos]] por estar moi ligado co desenrolo do [[jazz]].
 
Entre os instrumentistas de jazz destacan [[Sidney Bechet]] (soprano), [[Charlie Parker]] (contralto), [[Lester Young]], [[John Coltrane]], [[Coleman Hawkins]] (tenor) e [[Gerry Mulligan]].