Alejandro Pérez Lugín: Diferenzas entre revisións

escritor español
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "thumb|200px|Detalle do mausoleo de Pérez Lugín, en [[A Coruña, escultor Santiago Rodríguez Bonome ]] [[Ficheiro:Casa da Troya, Santiago Gali…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2009 ás 19:52

Alejandro Pérez Lugín (Madrid, 22 de febreiro de 1870 - A Coruña, 5 de setembro de 1926) foi un xornalista, escritor e cineasta español.

Ficheiro:Bonomeperezlugin.jpg
Detalle do mausoleo de Pérez Lugín, en A Coruña, escultor Santiago Rodríguez Bonome
Casa da Troya, Santiago

Biografía

O seu nome completo era Alejandro María das Mercés Pedro Pérez García Lugín. Dende 1886, viviu en Santiago de Compostela, a cuxa universidade asistiu para realizar a carreira de Dereito. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como O pensamento Galego.

En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e varias empresas que lle obrigaron a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, contraeu matrimonio con Elvira Consuelo Sanz.

É coñecido sobre todo polos seus artigos periodísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito da Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións, a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e por Fernando Delgado. É unha dss largometraxes máis antigas da cinematografia española. Outra das súas novelas máis coñecidas é A casa da Troia, na cal recrea a vida universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó cine en tres ocasións. Diversas obras súas foron publicadas tras a súa morte. Por exemplo, Arminda Moscoso, novela que se sitúa en Galicia e é publicada en Madrid en 1928, ordenada e rematada polo seu amigo Alfredo García Ramos; e A corredora e a Rúa, colección de contos rurais ambientados en Galicia, tamén publicada por García Ramos. Pérez Lugín deixara sen rematar A Virxe do Rocío xa entrou en Triana, que non foi publicada ata a aparición das súas obras completas en 1945.

Como xornalista traballou para moitos diarios, sendo especialmente coñecido en A Tribuna, e foi envíado especial á guerra de Marrocos por O Debate.