Mosteiro de San Xulián de Samos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 25:
Conta con dous claustros. O '''Claustro Grande''' foi construído entre [[1685]] e [[1689]] e ten 3.000m<sup>2</sup> (54 m. de lado), polo que é o maior de España. Coñécese como "do [[Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|padre Feijoo]]", por ter tomado este o hábito beneditino neste mosteiro en [[1690]], e está presidido por unha estatua súa, obra de [[Francisco Asorey]]. O estilo é unha combinación austera e sinxela de [[clasicismo]] e [[herrerianismo]]: nove [[arco (arquitectura)|arcos de medio punto]] por cada lado na planta baixa, columnas [[dórico|dóricas]] nas dúas primeiras plantas e [[xónico|xónicas]] nos ventanais da terceira. Os muros do piso superior foron decorados con cenas da vida de San Bieito e son obra de [[Enrique Navarro]], [[Celia Cortés]] e [[Xosé Luís Rodríguez]].
 
O '''Claustro Pequeno''' ou "das [[Nereida]]s" foi construído entre [[1539]] e [[1582]] polo monfortino [[Pedro Rodríguez]], cuxo nome aparece nunha das claves da banda sudoestesuroeste. Imita o estilo [[gótico]] e conta con curiosos motivos de decoración, como a inscrición humorosa "¿Qué miras, bobo?" nunha clave. O centro do claustro ocúpao da fonte barroca das Nereidas, de comezos do [[século XVIII|XVIII]].
 
O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía e é parada importante do [[Camiño de Santiago]], xa que conta cunha [[hospedaría]].