Electronic Body Music: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
'''Electronic Body Music''' (EBM) é un estilo de [[música electrónica]] aparecido a principios dos [[anos 1980|anos 80]] que combina elementos da [[música industrial]] e a música electrónica de baile. O seu son aséntase nas bases da música industrial de conxuntos pioneiros como [[Throbbing Gristle]], [[Psychic TV]], [[Can]] ou [[Neu!]], e outros pioneiros da electrónica como [[Kraftwerk]], [[Cabaret Voltaire (bandagrupo musical)|Cabaret Voltaire]] ou [[DAF]].
 
A denominación "Electronic Body Music" foi concebida polo grupo belga [[Front 242]] a principios dos [[anos 1980|80]] para describi-la súa música, polo que dende entón se lles
Liña 5:
 
==O son da EBM==
Unha das características principais é a frialdade e contundencia das bases rítmicas, que a pesar de seren bailabeis apóianse no son industrial. A súa estrutura fuxe sensiblemente do concepto [[pop]], desenvolvéndose nunha certa monotonía calculada sen deixar de banda figuras musicais concretas como as [[polirritmia|polirritmias]]s ou os clásicos [[fill-in|fill-ins]]a que poden entrar ou sair do núcleo do ritmo dun xeito máis ben [[eclecticismo|ecléctico]].
 
As liñas de [[baixo]] tenden a ser profundas e cunha clara intención hipnótica, prescindindo de figuras como a [[síncopa]] e que adoitan seguir unha estrutura a [[corchea|corcheas]] ou
[[semicorchea|semicorcheas]]. Este tipo de liñas de baixo son tamén coñecidas como [[sequenced-bass]].
 
A efectos de harmonía e melodía son destacabeis os [[riff|riffs]]s de [[sintetizador]], concebidos de xeito máis repetitivo e [[minimalismo|minimalista]] cás bases rítmicas. Os acompañamentos adoitan ser [[pad|pads]]s ou "colchóns sintéticos" que envolven os temas con atmósferas oscuras.
 
No desenvolvemento vocal son características as voces masculinas, por acadaren tons máis baixos e dar unha sensación máis lánguida e sinistra. As letras fan referencia polo xeral a temática [[sociedade|social]], [[filosofía|filosófica]] e [[política]] nunha tesitura oscura e moitas veces case apocalíptica.
 
==Algúns dos conxuntos máis destacados==
* [[Front 242]]
* [[Nitzer EBB]]
* [[DAF]]
* [[Laibach]]
* [[The Neon Judgement]]
* [[Bigod20]]
* [[Umo Detic]]
* [[Skinny Puppy]]
* [[Front Line Assembly]]
* [[Liaisons Dangereuses]]
* [[Borghesia]]
* [[Clock DVA]]
* [[Die Krupps]]
 
[[Categoría:Música electrónica]]