Johann Gottlieb Fichte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
*sen embargo --> porén
Liña 5:
 
==Biografía==
Johann Gottlieb Fichte naceu en Rammenau en 1762 nunha familia moi pobre de orixe campesiña. Durante os anos de mocidade coñeceu unha auténtica miseria, e para axudar á súa familia traballou como gardián de ocas. Sen embargoPorén, a miseria serviulle de elevada escola moral, e nunca se avergoñou das súas orixes, mostrándose en distintas ocasións moi orgulloso delas.
 
Grazas ao barón von Militz, cidadán nobre e rico, Fichte puido iniciar os seus estudos. O aristócrata ficou marabillado ao ouvir que o rapaz repetía á perfección un sermón ao cal von Militz non puidera asistir, e comprendeu que se atopaba ante unha excepcional intelixencia, co que se dedicou a axudarlle. Despois de cursar o segundo ensino en [[Pforta,]] en 1780 Fichte matriculouse na facultade de teoloxía de [[Jena]] e desde aquí pasou a [[Leipzig]]. Foron anos moi duros, porque a axuda de von Militz era escasa e mais adiante desapareceu por completo. Fichte gañou a vida dando clases particulares e levando a cabo o humillante oficio de preceptor. Entre 1788 e 1790 foi preceptor en [[Zürich]], onde coñeceu a Juana Rahn, quen máis adiante se converterá na súa esposa.