Afonso XI de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Córdoba -> Córdoba, España
Liña 16:
Ó rematar a [[Guerra dos cen anos]] Afonso aliouse con [[Francia]] e conseguiu firmar unha tregua cos musulmáns de Granada. Unha vez terminada dita tregua, puxo sitio a Xibaltrar.
 
Faleceu no sitio de Xibraltar víctima da [[peste]], sendo así o único monarca de toda a Europa afectada en morrer víctima da enfermidade. O seu cadáver foi levado a [[Jerez de la Frontera]], onde foi embalsamado, e soterraron os seus intestinos na real capela do [[alcázar]]. O seu corpo foi posteriormente levado a [[Sevilla]], onde permaneceu ata que en 1729 foi transladado á [[Real Colexiata de San Hipólito|Igrexa de San Hipólito]] de [[Córdoba, España|Córdoba]], fundada por el mesmo en 1343 en conmemoración da Batalla do Salado.
 
Foi alcumado "O Xusticieiro" pola enerxía que tivo que exercer para manter controlada á nobreza xa desde que se fixo cargo do poder, sen importarlle en moitos casos para conseguir ese sometimento recurrir ó axustizamento dos nobres ou mesmo ós asasinatos e emboscadas, como ocorreu con don [[Juan el Tuerto]], na Cidade de [[Toro]].